Medio Rural prepara un decreto sobre reestruturacións parcelarias

A normativa desenvolverá a Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia. Prevese crear un Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria, que identificará as zonas idóneas para os diferentes aproveitamentos

Medio Rural prepara un decreto sobre reestruturacións parcelarias

As novas parcelarias actuarán tamén en solos de núcleo rural.

A Consellería do Medio Rural prevé aprobar antes de fin de ano un decreto co que pretende axilizar as concentracións parcelarias, agora denominadas reestruturacións parcelarias. O novo regulamento, que desenvolve a Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga), reducirá os trámites administrativos das parcelarias. Búscase tamén diminuír os tempos de execución.

Entre as novidades que terán as futuras reestruturacións parcelarias, Medio Rural destaca que incluirán os solos de núcleo rural no marco da súa actuación, non só os rústicos. A Consellería, ademais, quere orientar as parcelarias non tanto a reducir o número de fincas como a modificalas atendendo a criterios de rendibilidade das explotacións agrarias.

Actuacións intensivas
A nova normativa prevé a creación dun Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria (Popeva), que identificará as zonas idóneas para os distintos aproveitamentos. Proxéctase definir tamén na regulación as zonas de orientación intensiva, nas que, en base o seu carácter agrario, centraranse as reestruturacións.

O perímetro previsto para estas actuacións non poderá ser inferior a 200 hectáreas nin superior a 5.000.

Tamén se prevé promover reestruturacións parcelarias mediante permutas entre titulares de predios de vocación agraria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información