Medio Rural estuda simplificar os trámites para as cortas de madeira

Os aproveitamentos no monte requiren a miúdo de autorizacións de diversas Administracións e departamentos. A medida é unha demanda recurrente das empresas e das asociacions de propietarios

Publicidade
Medio Rural estuda simplificar os trámites para as cortas de madeira

A simplificación dos procesos de corta é unha vella demanda do sector.

Cando un propietario forestal quere solicitar un permiso de corta pódese atopar, en función da ubicación da súa parcela, con que ten que solicitar autorizacións a diversos departamentos autonómicos ou mesmo a diversas Administracións. Medio Rural, Patrimonio, Conservación da Natureza, Augas de Galicia ou os Concellos son algúns dos organismos que poden demadar de permisos específicos para as cortas. A Consellería do Medio Rural está a estudar como simplicar os trámites, unha vella demanda das empresas da madeira e das asociacións de propietarios forestais.

A multiplicidade de competencias sobre o territorio ten levado a circunstancias en que un propietario con permiso de corta de Medio Rural é sancionado por carecer doutros permisos, como o de Patrimonio ou o relativo a augas. Outro problema radica en que algúns dos permisos necesarios chegan ás veces a destempo, cando algunha das autorizacións obtidas xa caducou, o que obriga a iniciar de novo o proceso.

Tal situación de enredo burocrático ten sido criticada con frecuencia polas empresas do sector, agrupadas en Confemadera Galicia, e por distintas asociacións de propietarios forestais, que demandaban unha simplificación dos trámites. Facéndose eco das queixas do sector, o Parlamento de Galicia aprobou recentemente unha proposta do grupo popular para estudiar as medidas a adoptar para axilizar o proceso.

Avances
A proposta contou cos votos en contra da oposición, que lle reprochou ó grupo popular a súa tardanza en afrontar a cuestión, tras sete anos de goberno. Medio Rural, pola súa banda, defende que xa se teñen producido avances, sobre todo nas superficies forestais que contan con instrumentos de ordenación, nas que, explica, é suficiente cunha única comunicación dos aproveitamentos a facer a través do portelo único da Administración autonómica.

O director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto, tamén pronosticou inmediatos avances coa Consellería do Medio Ambiente para simplificar e axilizar os permisos de corta en zonas de Rede Natura ou de policía de augas.

Cada ano en Galicia expídense arredor de 117.000 permisos de corta, segundo as cifras que manexa a Administración autonómica.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información