Manifestación este domingo en Santiago ‘Por un monte galego con futuro’

Colectivos ambientalistas, agrarios e forestais mobilízanse contra un proxecto de Plan Forestal que cren que favorece ó eucalipto, en detrimento de árbores autóctonas e doutros usos do monte

Manifestación este domingo en Santiago ‘Por un monte galego con futuro’

A alameda de Santiago será o punto de saída este domingo ás 12 horas da manifestación ‘Por un monte galego con futuro’, convocada por colectivos ambientalistas, agrarios e forestais, entre os que figuran a Organización Galega de Comunidades de Montes, o Sindicato Labrego, a Fruga, Adega, Verdegaia ou Amigos da Terra, entre outros. Todas estas organizacións pronúncianse contra o proxecto do Plan Forestal de Galicia que manexa a Xunta, pois entenden que favorece ó eucalipto en detrimento de árbores autóctonas ou doutros usos do monte.

Ante o reto do cambio climático, os convocantes da mobilización consideran que o monte galego non se debe ver só como un sumidoiro de dióxido de carbono. Reclaman que a Administración considere valores como a biodiversidade, a regulación do ciclo da auga ou o freo á erosión á hora de facer unha planificación forestal. Posiciónanse tamén en defensa das “árbores autóctonas” e piden un maior apoio á multifuncionalidade do monte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información