‘Lumes forestais, cambia a linguaxe, continúa o enfoque errado’

Artigo de opinión de Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes

‘Lumes forestais, cambia a linguaxe, continúa o enfoque errado’

Xosé Alfredo Pereira. / Arquivo.

O Partido Popular e o Partido Socialista veñen de aprobar o dictame da comisión especial non permanente de estudo e analise das reformas da política forestal, de prevención e defensa contra os lumes forestais e do Plano Forestal de Galiza,constituída a raíz da vaga de lumes que sufreu o territorio galego en outubro do 2017.

Este dictame, aínda que cunha lingoaxe conscentemente ambigua para disimular, parte da base de que a problemática dos lumes forestais que padece a nosa nación non é consecuencia nin da política de montes nín do cambio climático. Son simplemente actitudes incendiarias individuais. De aí que non prantexe alternativas ás causas estruturais que provocan os lumes forestais (falla de ordenación do territorio, monocultivo forestal, abandono do medio rural, desordenación das masas boscosas, etc.).

Centran a solución dos lumes forestais nunha acción policial. Xa que logo, a derivada que vai traer este Dictame é a de perpetuar que os lumes forestais sigan sendo unha grave problema para o territorio galego.

Vistas así as cousas, as recomendacións que prantexa este dictame reafirman que o monte galego ten que ser somentes forestalista-productivista. De feito, incorpora a demanda da industria forestalista e da madeira de que o monte galego ten que fornecer as suas necesidades (piñeiros e eucaliptos). É dicir, que os titulares destas terras non poden polas en valor segundo as súas necesidades e decisións, senón que teñen que polas ao servizo da industria forestalista e da madeira.

Iniciativa lexislativa popular polo bosque autóctono

Pola contra, o dictame non recolle o contido da Iniciativa Lexislativa Popular intitulada “Proteción e mellora dos hábitats do bosque autóctono, racionalización da xestión do monte e loita contra os incendios forestais”, elaborada pola Alianza por un medio rural galego vivo (Adega, Cig, Fruga e Orgacccmm).

No que fai respeito ás plantacións de eucaliptos, esta iniciativa prantexa cuestions tan razonabéis como: moratoria na plantación desta especie, eliminación da mesma das terras agrarias e das figuras de proteción medio ambiental e, nos lugares susceptibeis de plantar esta especie forestal, xestión da mesma .É dicir, prantexa ordenación e xestión e xa que logo, medidas contra dúas das causas estruturais que provocan os lumes forestais.

Agrupación do minifundio
A pesar do fracaso que supuxo e supón a figura das chamadas Sociedades de Fomento Forestal –Sofor, na que en anos de existencia somente se formaron cinco, o ditame insiste nesta xestión empresarial do monte, neste caso de particulares .Non son nen o minimamente democráticos para admitir que ao lado das Sofor, habería que potenciar tamén as Unidades de xestión forestal (Uxfor), das que se constituiran 35 en apenas dous anos de vixencia do decreto que as fomentaba, durante o Goberno Bipartito.

Se non son as Uxfor, outros modelos de xestión en común dos montes de particulares que prantexaran os titulares dos mesmos .Mais para os partidos políticos asinantes do ditame, cando hai que pór nunha bascula a posta en valor dos montes de xeito multifuncional e sustentabel ou entregarlle estas terras ás empresas forestais ou madeireiras, non teñen nengunha dúbida, apostan polo segundo.

Montes veciñais
No que fai referencia ós montes veciñais en mán común, o ditame, aprobado polo PP e polo PSOE, avanza un chanzo máis no obxetivo de privatizar estas terras comunitarias. Os intereses capitalistas ,especulativos e urbanísticos non perden ocasión para acadar os seus obxetivos. E para iso, válelles calquera cuestión. Hoxe é a problemática dos lumes forestais, mais mañán poderia ser o ditame dunha comisión de estudo creada no Parlamento Galego para decidir se hai vida máis aló dos confins da Terra .

Estamos diante duns obxetivos que raian nunha obsesión enfermiza. De feito, o ditame mantén todos os chanzos da política agresiva contra os montes veciñais en mán común (fiscalidade inxusta, obriga a pagar as falsas e inxustas débedas dos consorcios e dos convenios, obriga de investir o 40% dos ingresos onde decida a industria forestal e da madeira, incautación dos montes veciñais para entregarllos de balde ás empresas forestais privadas por un periodo de 50 anos, etc.

Democracia elitista para os montes veciñais?
A única novidade ao respeito dos montes veciñais en mán común, e como non podería ser menos, negativa, é a de esixir coñecementos forestais acreditados para poder ser membro dunha xunta reitora (cousa que non esixen nen para os montes de varas nen para os montes de particulares ).

E de non telos, non poderán xestionar as súas terras. Esta esixencia non somentes ataca ao carácter xermánico da titularidade veciñal (as comunidades de montes, non organizacions adicadas somentes á venda de madeira, son sociedade civil organizada que ten como fin a defensa e a posta en valor das súas terras ). É un ataque mesmo aos principios da democracia (cada persoa un voto). É voltar á democracia dos “sabios” (autodefinidos por eles mesmos), á democracia elitista/clasista. Mais no fondo, esta proposta aberrante ten un obxectivo claro: usurpar a xestion dos montes veciñais os seus titulares e pór no seu lugar os que decidan os “sabios”.

Que lles parecería ós e ás dirixentes do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galiza, e cítoos a eles porque son os pais e as nais desta criatura, se as comunidades de montes afirmaramos que non poderian asinar ningún proxecto a levar adiante nos montes veciñais por non ter acreditado coñecementos do monte veciñal e moito menos da xestión democrática das comunidades de montes, dado que en ningún nível do ciclo escolar galego se estudan estas dúas cuestions ?.Aberrante, verdade?. Pois o mesmiño que a súa proposta .

Se ao ditame sobre a problemática dos lumes forestais asinado polo P.P e polo PSOE lle facemos un desbroce, unha poda e unha monda, por falar nos termos forestais que ao parecer nos esixen, que queda ao descuberto?. Pois queda que preferen un monte ao servizo dos intereses da industria forestal e madeireira antes que un monte sen lumes. Mais iso si, neste ditame traballado xa brota con forza un dos obxetivos principais: a eliminación dos montes veciñais en mán común.

Máis información
Postura do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia ante as acusacións recibidas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información