Data inicio: 25/10/2018
Data fin: 01/11/2018
Lugar: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán.
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán prepara para este último trimestre do ano unha serie de xornadas e talleres centrados no ámbito agroforestal. A oferta de propostas formativas inclúe dende o manexo de novas tecnoloxías para a xestión forestal, como o emprego de apps ou drons, ata sesións centradas na interpretación da botánica ou a silvicultura. Tamén contarán con talleres orientados ó mantemento e seguridade coa rozadora.
As actividades prolongaranse ata o día 1 de decembro. Podes consultar aquí as datas dos talleres e xornadas programadas:
A programación iniciouse o pasado xoves cunhas xornadas orientadas ó emprego de mastíns e outras razas de cans na custodia do gando para reducir os danos do lobo. Estas sesións retómanse este xoves e prolónganse tamén ó vindeiro xoves 25.
Este mesmo xoves tamén comezará un taller de “Técnicas de abatemento e procesamento de árbores con motoserra”. Estas sesións levaranse tamén a cabo o sábado e nelas poderán participar un máximo de doce persoas.
Xa no mes de novembro, os días 2 e 3, están programadas as xornadas “As cortas de mellora como unha ferramenta necesaria na xestión forestal sostible”. As sesións estarán impartidas por técnicos especialistas tanto de Galicia como de Castela e León así como procedentes da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo. O curso comezará na tarde do venres e prolongarase durante todo o sábado. Estas xornadas contan con 25 prazas.
Velaquí o programa completo das sesións:
Para máis información chamar ós teléfonos 986805088/85