A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

ICL presenta en Galiforest os seus fertilizantes de liberación controlada

A compañía, especializada no abonado de plantacións forestais, acude á feira para presentar as súas gamas Agroblen y Agromaster

ICL presenta en Galiforest os seus fertilizantes de liberación controlada

Stand da edición anterior de ICL.

‘ICL Speciality Fertilizers’ estará presente do 28 ao 30 de xuño na feira forestal Galiforest, que se desenvolverá do 28 ao 30 de xuño en Sergude (Boqueixón, A Coruña). A compañía, especializada no abonado de plantacións forestais, presentará no certame as súas gamas Agroblen e Agromaster, dous fertilizantes de liberación controlada, e estará a disposición dos visitantes no stand A17 para atender as súas consultas.

Galiforest, que arranca este xoves 28, é unha feira monográfica do sector forestal que se desenvolve de xeito bianual, chegando este ano a súa quinta edición. O evento desenvólvese no monte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón, A Coruña), nas proximidades de Santiago de Compostela. La feria reúne a oferta máis importante en maquinaria forestal, biomasa e aproveitamento da madeira. Contará para iso cun área expositiva de 10.000 metros cadrados, nos que se superarán os 56 expositores da anterior edición.

Demostración nunha anterior edición de Galiforest.

Demostración nunha anterior edición de Galiforest.

Demostracións de maquinaria en Galiforest
O certame Galiforest contará cunha zona de monte habilitada para as demostracións de maquinaria forestal. Tanto nese espazo como nas propias parcelas das empresas expositoras realizaranse un total de 150 exhibicións, entre outras, de procesadoras forestais e de leña, autocargadores, grúas, raxadoras verticais e horizontais, aserradoiros portátiles, de motoserra e cinta, astilladoras de biomasa, peladoras de troncos, trituradoras, cabestrantes para motoserras, sistemas de embalaxe para leña, destoconadoras, cabezais forestais para triturado ou desbrozadoras. Así mesmo, levaranse a cabo demostracións de sistemas de trepa de árbores, afiado, corte e manexo de motoserras e tamén de uso e configuración de parámetros de determinadas máquinas a través de simulador portátil.

A realización destas demostracións de maquinaria nun lugar real de traballo é un dos principais atractivos que ofrece o monográfico, tanto para os expositores, que poden amosar o funcionamento das súas máquinas, como para os visitantes profesionais, os cales teñen a posibilidade de comprobar in situ as vantaxes e posibilidades que estas lles ofrecen para o desempeño da súa actividade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *