A Garda Civil detén a un maderista de Ourense por vender piñeiro infectado polo nematodo

A Garda Civil detén a un maderista de Ourense por vender piñeiro infectado polo nematodo

Piñeiral

Axentes da Garda Civil desartellaron unha organización que comercializaba ilegalmente madeira infectada polo nematodo do piñeiro. Estaba liderada por un almacenista do sector da madeira de Ourense, quen creou unha rede de venda do produto que adquiría en zonas infectadas por esta praga no municipio pontevedrés das Neves e vendíaas noutras provincias de España.

A operación, denominada Bursátil, comezou a comezos do verán pasado cando o Seprona recibiu o aviso de que un empresario ourensán estaba a adquirir grandes cantidades de madeira de piñeiro en montes infectados polo nematodo. Os axentes da Benemérita comprobaron entón como un autocargador transportaba este produto afectado polo nematodo e distribuíao en provincias como Segovia, Burgos, Cantabria, Asturias e Navarra mediante unha empresa de transportes, da que o detido tamén é propietario.

As investigacións culminaron o 11 de xuño deste ano coa detención do director destas dúas empresas ourensás e catorce persoas máis involucradas. Acúsanos de organización criminal, estafa, falsidade documental e un delito contra a natureza e o medio ambiente.

Co obxectivo de evitar a propagación desta praga, a Xunta de Galicia constituíu unha zona profiláctica de contención da bacteria que se estende ao longo de vinte quilómetros na fronteira entre As Neves e Portugal, xa que este país é o foco de orixe da infección.

Unhas 6000 toneladas vendidas

Neste sentido, o modus operandi do detido era o seguinte: aproveitaba as autorizacións da Consellería de Medio Ruralde das que dispuña para a corta e talla en zonas non demarcadas para realizar albaráns de expedición, facendo constar neles que esta madeira de piñeiro procedía de Nigrán, municipio por aquel entón zona non infectada. Porén, a orixe desta madeira estaba en áreas infectadas das Neves.

Da análise de máis de 3.000 documentos de transporte e guías de recepción nas empresas destinatarias, estímase a saída ilegal de 218 transportes con máis de 6.000 toneladas de madeira de piñeiro da zona demarcada polo nematodo, desde As Neves a outras zonas do territorio estatal libres da enfermidade fitosanitaria.

Máis información sobre o nematodo do piñeiro

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información