A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Galiforest aumenta un 10% o número de expositores a un mes da súa celebración

O certame forestal desenvolverase en Sergude (Boqueixón) do 28 ao 30 de xuño

Galiforest aumenta un 10% o número de expositores a un mes da súa celebración

Imaxe da edición anterior de Galiforest.

A Feira Internacional de Galicia segue a traballar intensamente na organización da quinta edición do seu monográfico forestal Galiforest Abanca, que se celebrará do 28 ao 30 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón). En canto ao número de expositores directos, a un mes para a celebración da feira e coa xestión comercial a pleno rendemento, conta xa con 62 empresas confirmadas, un 10,7% máis respecto á cifra final da pasada edición.

Estas entidades, entre as que se encontran moitas das máis importantes do sector, ocupan unha superficie de 10.100 metros cadrados, un 5,4% máis de espazo que o contratado na anterior convocatoria, xa que entón foran 9.578 metros cadrados.

Estas cifras, que con seguridade se incrementarán nos vindeiros días ao estar pechándose a participación doutras empresas, demostra o respaldo do sector a este monográfico e a súa consolidación como espazo de referencia. Así mesmo, reflexan a importante evolución deste certame tanto en superficie como en expositores.

Programa de actividades

De forma paralela a esta exposición o certame ofrecerá un atractivo programa de actividades, tanto dirixidas a profesionais como a outro tipo de públicos, entre eles os estudantes relacionados co sector.

Stand de ICL na anterior edición de Galiforest.

Stand de ICL na anterior edición de Galiforest.

ICL acude á feira a promocionar os seus abonos Agromaster e Agroblen

A firma ICL Speciality Fertilizers enviou unha nota de prensa para confirmar a súa asistencia a Galiforest, onde contará cun stand para ofrecer información sobre os fertilizantes de liberación controlada Agroblen e Agromaster, dúas das súas marcas líderes en fertilización para cultivos forestais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *