FSC organiza cursos para calcular os beneficios dos bosques

Nos talleres técnicos analizarase a rendibilidade que proporciona ao ecosistema unha correcta xestión forestal. O primeiro seminario celébrase en Santiago os días 12 e 13 de setembro

Publicidade
FSC organiza cursos para calcular os beneficios dos bosques
Data inicio: 12/09/2019
Data fin: 13/09/2019
Lugar: USC: Escola Técnica Superior de Enxeñaria, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, Santiago de Compostela, España

A organización internacional FSC organiza en Santiago os primeiros cursos para calcular os beneficios que os bosques españois reportan ao ecosistema. Os seminarios buscan mostrar a achega que realizan os bosques máis aló da madeira que producen.

FSC desenvolveu unha metodoloxía para realizar a estimación da achega dos bosques ao ecosistema e que presentará en España en distintos talleres técnicos. As primeiras sesións serán en Santiago os próximos días 12 e 13 de setembro na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Compostela.

O procedemento de FSC permite verificar os beneficios que unha correcta xestión forestal ten sobre os servizos do ecosistema: conservación da biodiversidade, secuestro e almacenamento de carbono, servizos de concas hidrográficas, conservación do chan e servizos recreativos. Desde FSC reivindican que estas ferramentas de cálculo poden ser utilizadas por empresas ou gobernos para demostrar o impacto positivo que teñen as súas compras, pagos e investimentos no mantemento e mellora dos servizos do ecosistema.

Nos talleres participarán expertos como Silvia Martínez, directora técnica de FSC España; Petra Westerlaan, especialista nos Servizos do Ecosistema de FSC Internacional; Francisco Omil, subdirector da ETSE e coordinador do seu Máster de Enxeñaría Ambiental, e Alberto Rojo, profesor de Enxeñaría Agroforestal na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC en Lugo.

Os cursos van dirixidos tanto a técnicos e licenciados relacionados co medio ambiente, como a empresas, asociacións, propietarios e xestores forestais ou centros de investigación. A inscrición é gratuíta e pódese tramitar aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información