A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Forest Pioneer presenta en Galicia a súa nova maquinaria de tala de madeira

O pasado 9 e 10 de Setembro a empresa Forest Pioneer realizou no concello lucense de Pol a demostración máis grande de Europa para a talla, procesado e desembosque de eucalipto.

Á presentación acudiron un total de 520 persoas de 161 empresas forestais galegas, o que supón aproximadamente o 70% das empresas galegas que posúen maquinaria forestal.

A maquinaria exposta foi:
1 Taladora de disco continuo sobre rodas TimberPro
3 Procesadoras de rodas TimberPro con cabezal procesador AFM 60 euca
1 Procesadora de cadeas Caterpillar con cabezal procesador AFM 60 euca
3 Autocargardores Logset (1 unidade 12 ton e 2 de 15 ton)

As 8 máquinas forestais traballaron ao mesmo tempo tallando cunha soa taladora TIMBERPRO 900 ton/día e procesando/pelando/tronzando un total de 600 ton/día coas 4 procesadoras TIMBERPRO/AFM. Púidose facer un 30% máis de produción se as árbores en lugar de ser de 300 kg/unidade fosen de 1 ton/árbore.

Os 3 autocargadores LOGSET sacaban e cargaban ao mesmo tempo 30-35 camións diarios (25 ton/camión de eucalipto).

Para Forest Pioneer “queda moi claro que o futuro da talla en Galicia está destinado a realizarse cunha maquina taladora de disco continuo e isto foi o que habemos tentando ensinar aos nosos invitados durante estes 2 días de demostración”.

Galería fotográfica da demostración:

Por último, Forest Pioneer agradece a colaboración nesta demostración de Maderas Paco Cacharolo, Vior Forestal, Talleres TECMAF e DAFO Spain na coordinación do evento, exposición de maquinaria e posta a punto da mesma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *