A Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Galicia (Fearmaga) convoca un curso sobre `Manexo de tractores forestais´, que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de outubro, en Santiago de Compostela.
O obxectivo deste curso é cualificar ao persoal pertencente ás empresas do sector forestal no manexo e mantemento dos tractores forestais. Esta acción formativa pretende promover a capacitación profesional e mellorar a produtividade e competitividade das empresas do sector, ademais de contribuír á prevención de riscos laborais.
O curso inclúe formación práctica en campo para validar os coñecementos sobre normas de seguridade no manexo e condución, elementos de accionamento e procedementos de regulación e axuste da maquinaria. Tamén se realizan prácticas de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e supostos prácticos sobre normas de seguridade, variables de traballo, avaliación de riscos e medidas preventivas e situacións especiais.
Contidos:
As 20 horas lectivas do curso (12 teóricas e 8 prácticas) abordarán os seguintes contidos:
-Módulo 1. Manexo de tractores forestais: técnicas de condución, seguridade, enganche de apeiros, normas de circulación e procedementos de regulación e axuste da maquinaria
-Módulo 2. Mantemento de tractores forestais: mantemento xeral e específico da maquinaria e reparación de pequenas avarías.
-Módulo 3. Prevención de riscos laborais no manexo da maquinaria forestal: seguridade e protección, avaliación de riscos, primeiros auxilios e impacto ambiental da maquinaria forestal.
Inscricións:
Envío de datos do solicitante a: informacion@maderasdegalicia.com Datos imprescindibles: nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto
As prazas son limitadas. Recepción de inscricións ata completar aforo.
Fearmaga está inscrita no rexistro de Entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural enmateria de capacitación agraria e de transferencia tecnolóxica co número ECMR_002/09.
Para máis información www.maderasdegalicia.com ou no teléfono 981 568 390.
Non funciona o correo electrónico de contacto.
Grazas por avisar! O correcto é informacion@maderasdegalicia.com