Ence impulsa a dobre certificación (PEFC e FSC)

Máis do 75% da madeira que Ence compra en Galicia está certificada. Trátase dunha esixencia dos clientes de ENCE

Ence impulsa a dobre certificación (PEFC e FSC)

As novas tarifas de compra de madeira de Ence incorporan unha nova prima para o
estímulo das prácticas responsables de cultivo de madeira de eucalipto. Con esta nova prima, vaise
incentivar a madeira proveniente de parcelas con certificación de xestión forestal FSC e PEFC, dúas das
acreditacións de xestión forestal máis recoñecidas no mundo.

As tarifas, dirixidas tanto a produtores de madeira independentes coma a subministradores, poden
consultarse nos sitios web www.ence.es e www.compramosmadera.es. Dende 2011, Ence publica en
internet o prezo que ofrece pola madeira. Con esta iniciativa, a empresa trata de achegar transparencia
ao mercado madeireiro.

Máis do 75% da madeira que Ence compra en Galicia está certificada

O impulso á creación de plantacións sostibles é unha das políticas desenvolvidas por Ence no ámbito
forestal nos últimos anos. De feito, entre 2011 e 2014 a empresa dedicou máis de 12 millóns de euros a
primas pola certificación, actividades de formación e colaboración técnica con asociacións de
produtores de madeira en materia de sostibilidade e certificación. Máis do 75% da madeira que Ence
compra hoxe en Galicia ten xa un dos dous selos de certificación. Hoxe, o produtor de madeira galego
ten ao seu alcance os máis altos estándares de xestión ambiental do mundo.

A reorientación das primas no novo prezo ofrecido pola madeira, primando a dobre certificación, ten
por obxectivo continuar estimulando os cultivos responsables. Con estes estímulos, Ence promove a
produción de madeira acorde con estándares ambientais de sostibilidade de alto recoñecemento global.

Unha esixencia dos clientes de ENCE

Ademais, a certificación é fundamental para asegurar a penetración da celulosa producida polos cultivos
forestais galegos nos mercados internacionais. Os clientes do sector papeleiro dos países máis ricos de
Europa, aos que se destina a maior parte da produción de Ence Pontevedra, por exemplo, teñen unha
cultura de consumo de produtos respectuosos co medio. E están dispostos a pagar máis por este tipo de
produtos. A certificación forestal é fundamental para acceder a estes mercados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información