Dende este venres quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais

A época de perigo alto de incendios forestais en Galicia comeza este venres 1 de xullo e prolongarase ata o 30 de setembro

Dende este venres quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais

As queimas agrícolas e forestais quedan prohibidas ata novo aviso

Este venres, día 1 de xullo, comeza a época de perigo alto de incendios forestais, que se prolonga ata o 30 de setembro. Polo tanto, quedan prohibidas dende esta data e ata novo aviso as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia. Os permisos xa concedidos -e non executados- quedan en suspenso, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Este período establécese a través dunha Orde da Consellería do Medio Rural publicada o pasado 13 de xuño no Diario Oficial de Galicia (DOG) e faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información