Delimitación das franxas de xestión da biomasa en 152 concellos galegos

A Xunta e a Federación Galega de Municipios acordan iniciar a elaboración dos plans básicos de prevención de lumes en todas as localidades que se sumaron o sistema público de xestión da biomasa

Delimitación das franxas de xestión da biomasa en 152 concellos galegos

A lexislación establece que piñeiros e eucaliptos deben afastarse 50 metros das vivendas.

O sistema público de xestión da biomasa arredor dos núcleos de poboación comezará a funcionar no 2019. Faráo coa elaboración dun plan básico de prevención de lumes en cada un dos 152 concellos adscritos ó sistema, segundo veñen de acordar o conselleiro do Medio Rural, José González, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García.

O obxectivo último dos plans é delimitar as franxas de xestión da biomasa arredor dos núcleos de poboación, de cara a que nesas superficies se acometan rozas preventivas. Nos 152 concellos adscritos ó sistema, os propietarios que o desexen poderán solicitar nun futuro a roza das súas parcelas a unha tarifa bonificada de 350 euros por hectárea.

Os municipios que se sumaron polo de agora ó sistema público de xestión da biomasa son 152, 31 da provincia da Coruña, 44 de Lugo, 48 de Ourense e 29 de Pontevedra.

No 2019, o traballo comezará pola elaboración dos plans básicos de prevención de incendios de cada concello sumado ó acordo, coa planimetría das franxas a xestionar arredor dos núcleos e coa correspondente identificación dos titulares catastrais das parcelas.

Unha vez aprobados os plans e definidas as franxas de xestión da biomasa, comezarán a executarse as tarefas de rozas preventivas. O convenio entre Medio Rural e a Fegamp prevé tamén promover usos produtivos das franxas de protección, a fin de reducir as esixencias de limpezas periódicas. Ambas institucións están de acordo no interese de accións como a plantación de árbores froiteiras, a produción de horta ou viñedo ou a creeación de pastos nas franxas de protección, que abarcan un radio de 50 metros arredor do solo de núcleo rural.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información