Decálogo básico para a prevención de lumes forestais

Decálogo básico para a prevención de lumes forestais

Incendio de Cualedro (Ourense)

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente elaborou un decálogo básico de prohibicións e recomendacións, que os cidadáns deben ter en conta para previr os incendios forestais, xa que o 95% dos mesmos están causados por actividades humanas.

Por tanto, para evitar riscos que poden provocar un incendio forestal, recoméndase observar os seguintes principios:

1.Non guindar cigarros nin fósforos ao chan.

2.Non prender lume no monte en épocas de risco.

3.Se se vai facer unha queima, solicitar a autorización oportuna. Ademais, aconséllase extremar todas as precaucións na súa execución. No caso de Galicia as queimas están prohibidas desde este venres, 1 de xullo.

4.En época de risco, non utilizar maquinaria agrícola ou forestal que poida xerar incendios.

5.Cumprir coas restricións de acceso a zonas forestais en épocas de risco.

6.Extremar as precaucións se se emprega lume nas actividades agrícolas. As queimas de restos agrícolas e forestais están prohibidas en Galicia ata novo aviso.

7.Se se divisa un incendio, avisar de maneira inmediata ao 112 ou ao teléfono de emerxencia da Comunidade Autónoma correspondente. En Galicia é o 085. Lembrar que a seguridade é o factor máis importante, polo que nunca se debe traballar só.

8.En época de risco, non utilizar ferramentas que poidan xerar faíscas.

9.Non botar lixo fóra dos colectores habilitados.

10. Por último, lembrar que o 95% dos lumes forestais débense á acción humana, polo que debemos poñer toda a nosa atención en evitalos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información