Cursos sobre silvicultura de piñeiros e de frondosas caducifolias

A Asociación Forestal de Galicia programa este outono sete accións formativas orientadas a asesorar ós propietarios forestais na produción de madeira de alto valor

Publicidade
Cursos sobre silvicultura de piñeiros e de frondosas caducifolias

Curso anterior da Asociación Forestal nunha plantación de carballo americano. / Arquivo.

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) desenvolverá este outono un programa de formación orientado a mellorar a silvicultura en Galicia. O obxectivo é que os propietarios e xestores forestais adquiran os coñecementos precisos para a produción de madeira de alto valor. A AFG ten previsto desenvolver catro cursos sobre o manexo silvícola das coníferas (piñeiros) e outros tres sobre a silvicultura de especies frondosas caducifolias, como cerdeira, castiñeiro ou carballo americano.

As accións formativas terán unha parte teórica, en aula, e outra parte práctica, que se fará en monte. Os cursos abordarán aspectos como as boas prácticas na plantación, as podas de formación e desenvolvemento da árbore ou a execución de desmestas e rareos.

Con esta actividade, a Asociación Forestal de Galicia formará ós propietarios forestais interesados na produción de madeira de alto valor, para a que se precisan árbores rectas, sen nós e de diámetros suficientes. É unha madeira que está a ser demandada e valorada pola industria galega da madeira, polo que a execución dos coidados precisos nunha plantación forestal derivará nunha maior rendibilidade para os propietarios.

O calendario previsto dos cursos, que contan co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), é o seguinte:

Silvicultura de frondosas para a produción de madeira de alto valor
– A Estrada (Pontevedra), 27 e 28 de setembro.
– Melide (A Coruña), 18 e 19 de outubro.
– Lugo, 25 e 26 de outubro.

Silvicultura de coníferas
– Sarria (Lugo), 27 e 28 de setembro.
– Ponteareas (Pontevedra), 18 e 19 de outubro.
– As Pontes (A Coruña): 25 e 26 de outubro.
– Negreira (A Coruña): 8 e 9 de novembro.

Os cursos son gratuítos, pero é precisa a inscrición previa, ben a través do e-mail [email protected], ben a través dos teléfonos 981 564 011, 986 660 864 e 618 752 214.

Outras actividades formativas

O programa formativo que está desenvolvendo a Asociación Forestal de Galicia inclúe outra serie de accións formativas nas próximas semanas. A AFG, que xa iniciou en agosto a realización de cursos para propietarios e xestores forestais, ten programados proximamente 9 cursos sobre xestión das xuntas reitoras de montes veciñais, 2 sobre certificación forestal e outros 2 sobre a praga do nematodo do piñeiro, que afecta ó sur de Pontevedra.

Estes cursos teñen o seguinte calendario e lugares de celebración.

Xestión de xuntas reitoras de montes veciñais
– Pazos de Borbén (Pontevedra): 25 de setembro.
– Mazaricos (A Coruña): 27 de setembro.
– Rois (A Coruña), 28 de setembro.
– As Neves (Pontevedra), 5 de outubro.
– Vigo (Pontevedra), 11 de outubro.
– O Valadouro (Lugo): 18 de outubro.
– Trabada (Lugo), 19 de outubro.
– Toques (A Coruña): 25 de outubro.
– Salceda de Caselas (Pontevedra), 31 de outubro.

Certificación forestal
– Lugo, 20 de setembro: ‘Certificación forestal da cadea de custodia e prevención de riscos laborais’.
– O Rosal (Pontevedra), 4 de outubro: ‘Certificación forestal no monte’.

Impacto do nematodo do piñeiro no mercado da madeira
– Tui (Pontevedra), 12 de outubro.
– Tomiño (Pontevedra), 26 de outubro.

image_print

Una idea sobre “Cursos sobre silvicultura de piñeiros e de frondosas caducifolias

  1. Fernando

    Que hay de eses cursos talleres en Ourense me interesa y por qué debo volver a vivir en el pueblo y tengo montes y no casa y eses cursos en Ourense ,terras de Celanova y deseo esos conocimientos actuales y zona de Cartelle ,Y demais concellos

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información