Cursos sobre nematodo do piñeiro e xestión de montes veciñais

Publicidade
Cursos sobre nematodo do piñeiro e xestión de montes veciñais

Trampa do insecto vector do nematodo do piñeiro.

A Asociación Forestal de Galicia está a desenvolver este outono un amplo programa formativo en temáticas nas que teñen manifestado interese as persoas e comunidades de montes socias. As próximas actividades programadas son un curso sobre o nematodo do piñeiro, en Salvaterra do Miño, e outro sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, en O Rosal.

O curso do nematodo do piñeiro abordará a situación da praga no sur de Pontevedra e o seu impacto no mercado da madeira. Desenvolverase en Salvaterra do Miño este venres 13 de setembro ás 16 horas, no centro cultural de Alxén. Poderán asistir á actividade, que é gratuíta, propietarios forestais, representantes de comunidades de montes, técnicos, empresas do sector e calquera persoa interesada.

Ao día seguinte, o sábado 14 de setembro, desenvolverase no Rosal un curso sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes. A actividade terá lugar na Casa do Monte de Santa Mariña do Rosal ás 10 horas.

O obxectivo do curso sobre xestión de xuntas reitoras é revisar os aspectos básicos de cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación da xestión dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están sometidas as comunidades de montes.

Os cursos, que contan co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), son gratuitos, pero é precisa a inscripción previa, ben a través do e-mail afgxinzo (arroba) asociacionforestal.org, ben a través dos teléfonos 986 660 864 ou 618 752 220.

Certificación da cadea de custodia
En Santiago, a Asociación Forestal desenvolverá outra acción formativa este venres 13 de setembro, no Edificio Cersia Empresa (San Lázaro, rúa alcalde Raimundo López Pol), ás 15 horas. O obxectivo do curso é revisar todos os aspectos documentais e de boas prácticas relativos á cadea de custodia da madeira certificada que sae do monte, a fin de garantir a súa trazabilidade desde o monte ata que os produtos finais elaborados con ela chegan ó consumidor.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información