Cursos sobre arboricultura, manexo de produtos fitosanitarios e horta ecolóxica no CFEA de Guísamo

Publicidade
Cursos sobre arboricultura, manexo de produtos fitosanitarios e horta ecolóxica no CFEA de Guísamo
Data inicio: 13/10/2019
Data fin: 14/11/2019
Lugar: CFEA Guísamo, Lg. Bos, Bergondo, España

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña) acolle ó longo dos próximos meses un programa de cursos centrados en traballos de arboricultura, o manexo de produtos fitosanitarios e a horta ecolóxica. Está aberto o prazo de presentación de solicitudes que deberán remitirse ó centro.

A continuación detallamos a listaxe de cursos que se ofertan no centro:

Taller temático de horta ecolóxica, biodinámica e permacultura: Agricultura sintrópica.
Datas: 13 e 14 de outubro. O día 13 en quenda de mañá e o 14 de mañá e tarde. Duración 12 horas. Este é o único taller onde unha parte da formación se impartirá fóra das instalacións do centro. Así, unha parte do curso será na Finca Os Biosbardos, en Cambre (A Coruña). No taller abordarase o sistema SAFA e a súa implementación. O seminario será impartido por Sergio Olaya e Jaime Páramo, formados ambos co agricultor e investigador suizo Ernst Götsch.

-Mantemento de Maquinaria e útiles de Xardinería e arboricultura.
Datas: 14 , 15, 18 e 19 de outubro en horario de 16:00 a 21:00 horas os días 14,15 e 18 e de 9:00 a 14:00 horas o día 19. Ten unha duración de 20 horas.

-Renovación de Usuario Profesional de Produtos Fitosanitarios. Nivel cualificado.
Data: 17 de outubro en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Ten unha duración de 7 horas.

-Seguridade nos traballos de arboricultura. Introdución ás técnicas de trepa.
Datas: 21, 22, 23 e 24 de outubro en horario de 16:00 a 21:00 horas.
O curso ten unha duración de 20 horas. No curso abordaranse os traballos en altura nas árbores e trataranse aspectos como os desprazamentos a realizar na copa así como o gabeo e descenso da árbore. O taller será impartido polo arborista e técnico en xardinaría e floraría Lucas Gascón Prieto.

-Seguridade nos traballos de arboricultura. Mantemento básico da motoserra.
Datas: 21, 22, 25, 26 de outubro en horario de 16:00 a 21:00 horas (días 21,22 e 25) e de 9:00 a 14:00 horas o día 26. Ten unha duración de 20 horas.

-Seguridade nos traballos de arboricultura. Técnicas avanzadas de trepa.
Datas: 4, 5, 6 e 7 de novembro en horario de 16:00 a 21:00 horas.
O curso ten unha duración de 20 horas. Trataranse técnicas avanzadas para os traballos a realizar en altura nas árbores afondando en técnicas como Single Rope Technique (SRT). O seminario estará impartido polo xardineiro e paisaxista Germán Rodríguez Vázquez.

-Seguridade nos traballos de arboricultura. Apeo Controlado.
Datas: 11, 12, 13 e 14 de novembro en horario de 16:00 a 21:00 horas.
O curso ten unha duración de 20 horas. Analizaranse os traballos en altura nas árbores así como as ferramentas empregadas e realizaranse diferentes montaxes para efectuar un apeo controlado e seguro.
O arborista e técnico en xardinaría e floraría Lucas Gascón Prieto encargarase de impartir o taller.

Máis información

Os interesados en participar nestes cursos deberán presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo(arroba)edu.xunta.gal ou nos teléfonos 881 881 043 – 881 881 045. Tamén poden obter máis información sobre os cursos e o procedemento de matrícula na páxina web do centro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información