Cursos en extinción de lumes e en aspectos da industria forestal

Cursos en extinción de lumes e en aspectos da industria forestal

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia organiza unha serie de cursos de formación orientados á capacitación en diversas cuestións relacionadas coas industrias e empresas forestais. En colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, tamén coorganiza unha serie de cursos relacionados coa extinción de lumes, que puntúan nos procesos selectivos do persoal contraincendios.

Os cursos en materia de empresas forestais son os seguintes:

Obradoiros sobre produtividade na industria forestal: GTD e Lean

Datas: Sábados 28/09/2019 e 05/10/2019.

Horario: de 10.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 20.30 horas.

Fin de prazo de inscrición: luns 23/09/2019, ás 14.00 horas.

Curso de habilidades directivas na cadea monte – industria

Datas: Venres 11, 18 e 25 de Outubro de 2019.

Horario: de 09.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas.

Fin de prazo de inscrición: mércores 02/10/2019, ás 14.00 horas.

-Xornadas técnicas sobre a coordinación de seguridade e saúde na execución da obra forestal

Datas: Sábados 26 de Outubro e 09 de novembro de 2019.

Horario: de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas.

Fin de prazo de inscrición: luns 21/10/2019, ás 14.00 horas.

Calquera interesado pode poñerse en contacto co COETFG a través do teléfono: 981/524731, mail: coetfoga (arroba) forestaisgalicia.es , ou ben acceder directamente a www.forestaisgalicia.es

Actividades formativas en materia de lumes

En materia de extinción de lumes, os cursos son os detallados a continuación. A matrícula debe facerse a través da Escola Galega de Administración Pública e o prazo de matrícula é de 20 días desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, que foi o 20 de setembro.

Curso de incendios forestais: categoría xefe/a de brigada
Datas: do 21 ao 25 de outubro de 2019, De luns a venres, horario: de 16.00 a 20.30 horas.

Curso de incendios forestais: categoría condutor/a motobomba.
Datas: do 4 ao 8 de novembro de 2019, De luns a venres, horario: de 16.00 a 20.30 horas.

Curso de incendios forestais: categoría emisorista.
Datas: do 11 ao 15 de novembro de 2019, De luns a venres, horario: de 16.00 a 20.30 horas.

Curso de incendios forestais: categoría técnico de base.
Datas: do 18 ao 22 de novembro de 2019, De luns a venres, horario: de 16.00 a 20.30 horas.

Curso de incendios forestais: categoría técnico de brigada helitransportada.
Datas: do 25 ao 29 de novembro de 2019, De luns a venres, horario: de 16.00 a 20.30 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información