PROCESADORA_FORESTAL_LOGSET_PIONEER_BOVEDA_2

Curso sobre manexo e mantemento de procesadoras forestais

A Federación de Aserradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (Fearmaga) programou para esta semana un curso de manexo e mantemento de procesadoras forestais. Será en Santiago os días 15, 16 e 17 de novembro. A acción formativa oriéntase a persoal das empresas forestais, de cara a mellorar as súas capacidades e a prevención de riscos laborais.

O curso inclúe formación práctica en campo para validar os coñecementos sobre normas de seguridade no mantemento da procesadora, avarías frecuentes, revisións periódicas e actuación en caso de emerxencia e evacuacións. Hai un total de 20 horas lectivas (12,5 teóricas e 7,5 prácticas).

As persoas interesadas en inscribirse poden escribir a informacion (arroba) maderasdegalicia.es. Tamén se pode chamar ó teléfono 981 568 390.