Curso sobre estratexias de márketing para o sector forestal

Publicidade
Data inicio: 27/09/2019
Data fin: 27/09/2019
Lugar: Edificio Feuga, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, Santiago de Compostela, España

PEFC Galicia organiza para o vindeiro 27 de setembro en Santiago unha MasterClass + Workshop: sobre “Estratexias para Fortalecer e Comunicar con éxito unha marca de produtos de orixe forestal”.

A asistencia é gratuíta a esta actividade financiada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e que conta coa colaboración da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia. Celebrarase no edificio FEUGA e as prazas son limitadas

O curso está dirixido á industria forestal, consultorías, arquitectos, deseñadores, enxeñeiros forestais e de montes, gráficas,…

“A estratexia de comunicación para facerse visible nun mercado global é imprescindible. A importancia da diferenciación, as palancas para activar un discurso sostible nunha organización, as tendencias e actitudes do sector e os ámbitos potenciais de creación de valor social, son só algúns dos puntos a tratar nesta actividade levados da man de Christopher Smith, CEO de BrandSmith, experto en identidade corporativa e branding”, destacan dende PEFC Galicia.

A inscrición pode realizarse chamando ao 981 523 736 ou enviando un email a [email protected]

Velaquí o programa:

programa pefc galicia

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información