Curso de resinación de piñeirais en Caldas de Reis

Un dos resineiros que traballa en Galicia, Edgar Fernández, ofrece formación para as persoas interesadas en iniciarse na actividade

Publicidade
Data inicio: 23/04/2016
Data fin: 30/04/2016
Lugar: Bemil, Caldas de Reis, Pontevedra, España

Caldas de Reis acollerá o sábado 23 de abril e o sábado 30 sendos cursos de iniciación ó resinado de piñeiros. A actividade está organizada e impartida por Edgar Fernández, un dos resineiros que traballa en Galicia.

Os cursos contarán á mañá cunha parte teórica, que se impartirá no centro sociocultural de Bemil (Caldas) e con outra práctica, á tarde, que se fará en piñeiros da comunidade de montes de Bemil, que colabora na iniciativa.

A actividade vai dirixida tanto a aquelas persoas que estean interesadas en adicarse á resinación de piñeiros como a comunidades de montes que estean a pensar en iniciar este aproveitamento. Cada un dos cursos ten 10 prazas dispoñibles e o prezo de inscripción é de 20 euros.

Para máis información, pódese consultar a web dos cursos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información