Convocadas as axudas para proxectos de ordenación de montes

Medio Rural destina catro millóns de euros a financiar a execución de plans de xestión no 2018 e no 2019. Tamén apoia a adhesión ós modelos silvícolas de parcelas de asociacións forestais e grupos de certificación

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180124/AnuncioG0426-281217-0019_gl.html

Prazo: Ata 26/03/2018

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de convocar as axudas para a execución de instrumentos de planificación forestal (proxectos de ordenación, documentos simples de xestión ou documentos compartidos de xestión). Tamén apoiará á adhesión ós modelos silvícolas de parcelas de propietarios ligados a asociacións forestais e grupos de certificación.

Os instrumentos cuxa elaboración se financie coas axudas non poderán, para o conxunto do monte, aumentar a superficie ocupada por masas de eucalipto. Outro requisito é que só poderán solicitar a axuda aqueles montes que non dispoñan dun plan de ordenación vixente ou que teñan un pero coa condición de que estea no último ano da súa vixencia ou de que máis do 20% da súa superficie fose afectada por un incendio.

Os instrumentos de xestión financiados pola Xunta non poderán aumentar a supeficie de eucalipto dos montes obxecto de planificación

Medio Rural destina un total de 4 millóns de euros no 2018 (2 millóns) e no 2019 (2 millóns) para estas axudas. Poderán ser beneficiarios das axudas para instrumentos de ordenación as persoas propietarias particulares, as asociacións de propietarios, as cooperativas agrarias, os montes de varas, as comunidades de montes veciñais, as Sofor e outras persoas xurídicas.

A liña para a adhesión a modelos silvícolas poderán solicitala as asociacións de propietarios forestais e os grupos de certificación forestal. Cada asociación ou grupo poderá presentar unha única solicitude, que deberá incluír un mínimo de 100 socios.

O prazo de solicitude é de 2 meses, a contar desde mañá xoves 25 de xaneiro.

2 ideas sobre “Convocadas as axudas para proxectos de ordenación de montes

    • Gonzalo1977 Autor da publicación

      Para superficies menores de 15 hectáreas, non é necesario facer un proxecto de ordenación. É suficiente con que adhiras a parcela a un modelo silvícola de referencia (Tes un enlace na noticia ós modelos silvícolas existentes). Se estás nunha asociación forestal ou nun grupo de certificación, podes facer ese trámite a través deles aproveitando esta orde. Se non fose así, en calquera caso espérase que a adhesión ós modelos silvícolas sexa un proceso moi sinxelo e probablemente poidas facelo no futuro no intre en que teñas que facer unha corta.

      Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información