Conflicto xudicial na comunidade de montes de Lousada, en Xermade

Presentada unha denuncia contra a xunta directiva da comunidade de montes de Lousada no xulgado de Vilalba

Conflicto xudicial na comunidade de montes de Lousada, en Xermade

Comunidade de montes de Lousada, en Xermade.

O xulgado de instrucción de Vilalba estuda unha denuncia presentada contra a xunta directiva da comunidade de montes de Lousada, en Xermade, un monte veciñal que conta con máis de 700 hectáreas de superficie e 70 comuneiros. A denuncia, encabezada por un dos comuneiros, Alfonso Pena, sostén que existen irregularidades na contabilidade.

O monte veciñal de Lousada recibe periódicos ingresos tanto pola corta de madeira como polo contrato de aluguer de terreos cun parque eólico, un aluguer que lle reporta á comunidade uns ingresos duns 30.000 euros ó ano, segundo sinala en nota de prensa o veciño denunciante. A xestión de todos eses cartos está no foco da conflicto.

As disputas na comunidade de montes veñen de atrás. Hai un ano, celebráronse eleccións a súa xunta directiva, na que están sete persoas, e resultou gañadora a que era directiva saínte, que revalidou no seu cargo por só 3 votos de diferenza; pero o proceso foi impugnado. O grupo de veciños críticos eleva agora o nivel do conflicto ó denunciar á xunta directiva por presuntas irregularidades contables.

A cuestión é que o comuneiro que encabeza a denuncia, respaldado por outros comuneiros, considera que existen gastos sen xustificar, así coma un desfase de 30.000 euros entre as contas e o saldo real da conta bancaria da comunidade. O tema terase que dirimir no xulgado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información