Conferencia o próximo martes en Lugo sobre o modelo forestal de Chile

Conferencia o próximo martes en Lugo sobre o modelo forestal de Chile

Bosque de piñeiro de Douglas en Chile

O vindeiro martes, 25 de setembro, celebrarase no Campus Terra de Lugo unha conferencia sobre “El modelo forestal en Chile: ¿Copiar y pegar?, una visión general y desafíos actuales”. Será impartida por Óscar Thiers Espinoza, profesor do Instituto de Bosques y Sociedad-IBOS da Universidad Austral de Chile-UACh.

O acto terá lugar ás 11:00 horas na Sala de Xuntas (Edificio Central, 1º andar). Na actualidade o profesor Óscar Thiers Espinoza atópase nunha estancia de investigación na EPSE de dous meses de duración e que rematará no mes de outubro cunha bolsa do programa “Becas Iberoamérica, Jóvenes profesores e investigadores. Santander Universidades”.

Foi invitado polo profesor Roque Rodríguez Soalleiro e vai realizar traballos sobre rendemento forestal en masas de Pseudotsuga menziessi en Valdivia (Chile) e estimacións da captura e almacenamento de carbono en biomasa aérea e no solo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información