A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Con esta máquina o terreo forestal ou agrícola queda planchado”

A empresa de servizos Transformacións Agrícolas e Forestales Fidel, de Friol, ven de comprar unha trituradora forestal e de pedra da marca Seppi. Explícannos como funciona e as vantaxes que lles supuxo no seu traballo

Publicidade
“Con esta máquina o terreo forestal ou agrícola queda planchado”

Jesús Amil co modelo STARSOIL de Seppi

A empresa de servizos Transformacións Agrícolas e Forestales Fidel, do concello lucense de Friol, ven de comprar unha trituradora da marca Seppi especial para terreos forestais e para triturar pedras.

A adquisición deste equipo, unha fresadora de martelos do modelo STARSOIL , realizárona hai tres meses a Seppi Península Ibérica, o concesionario oficial, para España e Portugal, e que está situado na localidade coruñesa de Ordes. Segundo Jesús Amil, terceira xeración desta empresa agrogandeira e forestal, “estamos moi contentos coa compra, porque permítenos ofrecerlle un mellor servizo aos nosos clientes, cunha máquina máis eficiente e que presenta melloras técnicas respecto ás da competencia”.

Así, e través visitar outros fabricantes de desbrozadoras de martelo, un dos factores que lles inclinou a balanza a favor de Seppi foi que “é unha empresa que leva tempo no mercado, as pezas de reposto son fáciles de conseguir e máis asequibles que outras marcas e son os únicos que realizan un equilibrado da máquina económico e rápido”.

En canto ás prestacións, a STARSOIL de Seppi permítelles traballar cun ancho de 2,5 metros roendo cepas de árbores ata unha profundidade de 40 centímetros, ademais de triturar pedras. “Hai xente que nos contrata para anovar as pradeiras, porque moe as pedras dunha soa pasada, evitando ter que sacalas ou picalas. Nos terreos forestais roe as cepas das árbores en profundidade, e con dúas pasadas o terreo queda perfectamente liso. Nós traballamos con menos demanda de forza para o tractor, menos consumo de gasóleo e cun resultado mellor para o cliente”, explica Jesús Amil.

O peso desta desbrozadora de martelos é de 4,6 toneladas, que require un tractor cunha potencia de máis de 250 cavalos.

Pequenos detalles que os levaron a mercar a desbrozadora de Seppi

Ademais, Jesús explica que, tras comparar distintas desbrozadoras de martelos existentes no mercado, “houbo unha suma de pequenos detalles, pero que son importantes, que nos levaron a comprar a de Seppi”.

Entre eles destaca:

-Garantía de que o rotor nunca se vai desequilibrar.

-Cabeceiras dos martelos:

-O agarre das puntas dos martelos vai reforzado tamén polos lados, evitando que o desgaste da punta de carburo metálico ou vidria tamén afecte ao enganche.

-Fácil extracción dos martelos para o seu cambio, grazas ao sistema de parafusos. “Nesta máquina se perdes unha punta ou tes que cambiala non afecta ao soporte, co que podes incluso seguir traballando e cambialo máis tarde porque non se desequilibra a máquina”, destaca.

-Ampla separación entre o rotor e a punta dos martelos e entre estes e a cuberta metálica. “Así, se ven moito material, cae polo medio sen problema, mentres que noutras fresadoras está todo máis xunto e iso provoca que haxa máis demanda de potencia para o tractor cando se tritura moita rama e terra”, engade Jesús Amil.

O sistema de transmisión -mediante piñóns- desta fresadora refrixérase mediante dous ventiladores.

-Mando na cabina que ofrece unha completa información: A máquina de Seppi leva incorporado un sistema de información en cabina, onde o tractorista obtén información completa sobre a temperatura do aceite, o estado da ventilación, se o ritmo de traballo é eficiente. Ademais, se se está disparando a potencia corta a toma de forza.

-A porta de peche conta con moitos retenedores, fáciles de cambiar e de substituír.

-A máquina sempre está alineada coa toma de forza do tractor. “Desta forma pódese levantar todo o que queiras porque a toma de forza queda de fronte e ben aliñada, sen medo a que bata nas crucetas, como pasa nas outras máquinas”, explica Jesús Amil.

Unha empresa familiar que tamén se dedica ao vacún de carne

Transformacións Agrícolas e Forestales Fidel é unha empresa familiar do concello de Friol na que traballan a tempo completo 4 persoas, máis entre 2 e 3 que se contratan durante os meses de máis traballo.

No sector forestal realizan todo tipo de traballos, dende a preparación do terreo ata a plantación. Así, fan desbroces, ripado, descepado, movemento de terras, apertura de pistas e camiños, rebaixes, podas, plantacións e, por suposto, desbroce en profundidade. Traballan en toda Galicia e tamén en León e Zamora.

Ademais, esta empresa ofrece todo tipo de servizos agrícolas, dende laboreo das fincas, sementeiras e recollida de forraxes. Como curiosidade contan dende hai 12 anos con cisterna de xurro con inxector de tubos colgantes, adiantándose ao decreto de xurros. “E imos mercar tamén o sistema de tubos con inxector de zapata para enterrar o xurro nos prados”, avanza Jesús.

As persoas interesadas en contactar con eles pódeno facer a través dos teléfonos 677 30 8901 ou ao 678 048683

Sen embargo, as orixes desta empresa familiar están no sector gandeiro. Así, comezaron como gandeiros de vacún de leite e hai uns anos que se cambiaron a gando de carne. Hoxe contan cun rabaño de 140 cabezas, principalmente da raza Blonda, e manexan unha base territorial de algo máis de 50 hectáreas.

Un exemplo dunha empresa agrogandeira diversificada que aposta polo investimento para seguir mellorando a súa rendibilidade.

Características técnicas da STARSOIL de Seppi:

A fresa STARSOIL de Seppi  é moi versátil, adaptada para tractores con clase de potencia comprendida entre 150 e 260 CV está equipada cun novo sistema de tracción que simplifica o traballo garantindo unha maior eficiencia: fresa o terreo ata unha profundidade de 40 cm, moe a pedra con Ø min. 30 cm e madeira con Ø 40 cm.

A especialidade da STARSOIL é a caixa de cambios a 2 velocidades (a denominada versión 2SPEED). Pode intervir no sistema do rotor cunha panca e cambiar de apr. 1000 xiros/min (velocidade de corte rápido para cortar madeira) a 540 xiros/min (agarre lento para fresar e triturar as pedras), mantendo a toma de forza do tractor a 1000 xiros/min.

Unha novidade son os engranaxes de eixes paralelos cun sistema de refrixeración integrado. A función de arrefriamento pódese activar desde a cabina do tractor por medio dun dispositivo de control e a temperatura pode ser controlada constantemente, o que permite de eliminar os riscos de sobrequentamento da transmisión en no caso de traballo ininterrompido con pedras e terra. A construción con materiais anti-desgaste e o rotor patentado coa combinación das ferramentas e os soporte con placas de carburo de tungsteno e en aceiros especiais, garanten unha alta resistencia o desgaste, mesmo onde as condicións de traballo sexan particularmente difíciles. O grao de trituración pódese axustar a través a barra e a parrilla.

A STARSOIL tamén pode equiparse co innovador sistema de aliñación do cardan ADAM para un axuste perfecto o terreo. Esta nivelación homocinética protexe o cardan asi como a absorción do tractor das tensións innecesarias causadas polo terreo irregular.

Para un acabado homoxéneo do terreo traballado, a STARSOIL pode ser dotada con un rodillo compactador ou unha coitela niveladora, ambos con nivelación hidroneumática.

As anchuras de traballo dispoñible son: 175, 200, 225, 250 cm.

MODELO BASE:

-Rompe pedras ata 30 cm Ø
-Tritura madeira ata 40 cm Ø
-Traballo en profundidade ata 40 cm e máis, segundo as condicións de traballo
-Rotor: martelos fixos reforzados con placas de metal duro “DUO PROTECT” + “MONO EXTREM”; con soporte martelos anti-desgaste
-Velocidade de traballo 0,5 a 2 km/h
-Enganche de 3 puntos de 3ª cat. central fixo posterior
-Multiplicador 1000 rpm
-Toma de forza: 1 3/4″ Z=20
-Transmisión dobre con limitador de par integrado
-Transmisión de engrenaxes paralelo con arrefriamento integrado
-Capó regulable hidraulicamente
-Chasis anti-desgaste intercambiable
-Patíns de profundidade estreitos
-Protección con cadeas dobres

OPCIONAIS:

-Cardán
-Auto-aliñación do cardán ADAMTM para maior maniobrabilidade da máquina
-Rodete hidráulico compactador para control de profundidade de traballo. Pódese utilizar tamén como baixador de ramas
-Coitela niveladora regulable, incluído manómetro e o acumulador
-Patíns para desprazamento do material

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información