A Comunidade de Montes do Viso, un exemplo na prevención de lumes forestais

A Comunidade de Montes do Viso, un exemplo na prevención de lumes forestais

Monte da comunidade rozado estes días.

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso, en Redondela, está a realizar dende xa hai varias semanas traballos en masas forestais de cara á prevención de incendios forestais e a mellora e consolidación da estrutura das masas arboradas do monte veciñal.

Os traballos van dende o mantemento e limpeza de áreas de importante uso recreativo como son a área recreativa do monte da Gándara, a Peneda, A Laguiña, A Lomba e proximamente o miradoiro do Monte Outeiro Grande, ata a realización de limpezas de pequenas parcelas próximas ás núcleos habitados, así como pequenas intervencións para a eliminación de diferentes manchas de acacias.

Parte dos presentes traballos de silvicultura preventiva contan cunha axuda da Consellería de Medio Rural, aínda que neste caso a maioría son realizados con fondos propios da propiedade comunal. En xeral, o obxectivo destas labores vai encamiñado a crear roturas na continuidade da vexetación para minimizar o risco de incendios forestais, ademais do notable melloría que supón para o desenvolvemento e consolidación das masas arboradas.

Repoboación con frondosas autóctonas para constituír devasas naturais

Mirador de Outeiro Grande

Mirador de Outeiro Grande

Proximamente, os comuneiros do Viso tamén realizarán melloras de carácter recreativo, dotando ao miradoiro do Outeiro Grande dun maior número de mesas e bancos para que os veciños poidan gozar deste espazo de lecer característico polas importantes vistas sobre a Ría de Vigo e a espazo natural da enseada de San Simón.

Por último, os comuneiros acometerán nos vindeiros meses a recuperación parcial da masa arborada do monte Espiño, arrasado polo lume o pasado verán, repoboando con frondosas nas beiras das pistas e en valgadas para a constitución de devasas naturais, moito máis efectivas, e con piñeiros do país naquelas áreas menos propensas ao desenvolvemento favorable de frondosas autóctonas. Para elo veñen de solicitar axuda a través da liña de de forestación de terras non agrarias da Consellería de Medio Rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información