Campaña para promover o uso da madeira

Campaña para promover o uso da madeira

Campaña promocional do uso da madeira na tenda de Leroy Merlin, en Santiago.

A Asociación Provincial de Empresarios de primeira Transformación da Madeira de Lugo, a Asociación Forestal de Galicia, o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Asociación Monte Industria impulsan unha campaña de sensibilización sobre a importancia do uso de materiais naturais, en concreto da madeira. Baixo o lema ‘#euescollomadeira’, pretenden poñer de relevo a importancia que ten a madeira no día a día, así coma o seu carácter sostible.

A campaña busca que os consumidores se sintan orgullosos de empregar madeira no canto doutros materiais fósiles, non renovables e non biodegradables. A iniciativa conta, entre outros contidos, con vídeos promocionais nos que se evidencian os usos da madeira, ademais de contar con testemuñas de profesionais de diferentes ámbitos que comparten os motivos polos que escollen a madeira no seu traballo. Entre os participantes inclúense os arquitectos de Arrokabe, Óscar e Iván Andrés, ou o deseñador Lois Guillán, de Cucuducho.

Outra das accións desta campaña lévase a cabo na tenda da multinacional Leroy Merlin en Santiago de Compostela. Na sección destinada á madeira, cóntase con material no que se explican as vantaxes de escoller este recurso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información