Axudas para a segunda transformación da madeira

A Axencia Galega da Industria Forestal destina dous millóns de euros a apoiar ás empresas do moble e do ‘contract’

Publicidade

Administración convocante: Axencia Galega da Industria Forestal

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190301/AnuncioG0520-180219-0001_gl.html

Prazo: Ata 01/04/2019

Resumo:

O sector da transformación da madeira ten acceso a axudas da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) para investimentos destinados a innovacións ou ó aumento de produtividade. Xera destina un total de dous millóns de euros a estas axudas, establecendo un tope de 200.000 euros por beneficiario, que poderá recibir o 50% dos gastos subvencionables.

Serán subvencionables os seguintes elementos:

– Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de produción da empresa, así como para os procesos de secado da madeira.
– Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
– Tecnoloxías da información e comunicación (TIC).
– Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
– Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada, de normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

O prazo de solicitude das axudas é dun mes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información