Axudas para rozas, podas e clareos en piñeirais e masas caducifolias

Medio Rural destina seis millóns de euros para o fomento da silvicultura

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0426-221215-0007_gl.html

Prazo: Ata 29/01/2016

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de convocar subvencións para financiar tratamentos silvícolas como rozas, podas e clareos en piñeirais e en masas caducifolias (soutos de castiñeiros, carballeiras, etc.). As axudas, que teñen por obxectivo contribuir á prevención dos lumes e fomentar un mellor manexo do monte, contan cunha dotación total de 6 millóns de euros e están financiadas con cargo ó Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020.

Poden acceder ás axudas as comunidades de montes, as sociedades de fomento forestal (Sofor) e os propietarios particulares, ben de forma individual, ben de xeito colectivo a través de agrupacións formalmente constituidas. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá.

Superficies mínimas
No caso dos propietarios particulares, a superficie mínima subvencionable é dunha hectárea en couto redondo, é dicir, sen discontinuidades na superficie. Nas Sofor, o mínimo é de 3 hectáreas, igual que nos montes veciñais de menos de 50 hectáreas. Nas comunidades que superen esa superficie, o mínimo serán 5 hectáreas.

Actuacións subvencionables

En piñeiro, Medio Rural subvencionará as seguintes actuacións:

– Rareos en masas de coníferas cun diámetro medio de entre 6 e 12 centímetros e unha densidade inicial de alomenos 2.000 pés por hectárea.

– Rozas previas ás podas e primeira poda de masas de coníferas cun diámetro medio de entre 7 e 15 centímetros. En ambos casos, a axuda abarca a trituración dos restos ou a súa extracción para biomasa.

En masas caducifolias, a Consellería apoiará as seguintes actuacións.

– En frondosas caducifolias, como carballeiras, e en sobreirais e aciñeirais, subvencionaranse as rozas, os rareos, a formación de guías e a selección de abrochos. A masa ten que ter un mínimo de 400 pés por hectárea e un diámetro medio de entre 10 e 20 centímetros.

– En soutos de castiñeiros, cunha densidade mínima de 100 pés por hectárea, subvencionaranse as rozas, as podas, os tratamentos fitosanitarios e a rexeneración do souto coa plantación de árbores resistentes á tinta.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información