Axuda para a forestación de terras non agrícolas

Medio Rural subvenciona a plantación de piñeiros e frondosas en terreos que estivesen a mato nos últimos dez anos. Precísase unha superficie mínima dunha hectárea en couto redondo

Publicidade
Axuda para a forestación de terras non agrícolas

A orde de axudas financia a plantación de piñeiros e frondosas.

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170619/AnuncioG0426-080617-0001_gl.html

Prazo: Ata 01/08/2017

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de convocar as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas. A medida, cofinanciada con fondos europeos, diríxese a apoiar a plantación de piñeiros e frondosas (cerdeiras, castiñeiros, nogueiras, bidueiros, etc.) en parcelas cun mínimo de 1 hectárea. Poden pedir a subvención particulares, comunidades de montes, sociedades de fomento forestal (Sofor) e cooperativas agrícolas, entre outras entidades.

O orzamento total destinado a estas achegas é de 9 millóns de euros (3 millóns no 2017 e 6 millóns para o 2018). O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles a partir de mañá 20 de xuño.

Requisitos
Os terreos para os que se pida a subvención deben estar catalogados no Sixpac como forestal, pasto con arboredo ou pasto arbustivo. Quedarán excluídas as parcelas nas que o Plan Xeral de Ordenación Municipal non permita plantacións e tamén aquelas nas que existise tradicionalmente arboredo nos últimos 10 anos ou que teñan unha fracción de cabida cuberta de alomenos un 20%.

En comunidades de montes veciñais e Sofor, a superficie mínima de actuación será de 3 hectáreas. Para propietarios particulares, será dunha hectárea en couto redondo, isto é, en terreos agrupados sen discontinuidades.

Gastos subvencionables
A orde de axudas prevé un investimento máximo por hectárea de 1.853 euros, en caso de plantación de coníferas, e de 2.398 euros no caso de plantación de frondosas. Subvencionaranse os gastos derivados do tratamento da vexetación preexistente na parcela, adquisición de planta e os da plantación propiamente dita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información