Ata novo aviso mantense a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais

Ata novo aviso mantense a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais

As queimas de restos agrícolas e forestais seguen prohibidas en Galicia ata novo aviso. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, a decisión adoptouse “tendo en conta as condicións climatolóxicas actuais e as previsións para os vindeiros días”.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento. “Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal”, subliña o departamento que dirixe Ángeles Vázquez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información