A Asociación Forestal de Galicia inicia unha serie de cursos para promover a certificación forestal

A entidade desenvolverá un total de 12 cursos este outono, os cinco primeiros este mes, dirixidos a propietarios forestais, técnicos, traballadores forestais e a empresas do sector

A Asociación Forestal de Galicia inicia unha serie  de cursos para promover a certificación forestal

Madeira certificada. / Arquivo.

Durante os meses de outubro e novembro, a Asociación Forestal de Galicia organiza 12 cursos sobre certificación forestal: 8 sobre certificación forestal na xestión do monte, orientados a propietarios forestais, traballadores e técnicos; e outros 4 sobre a cadea de custodia da madeira certificada, no proceso da súa transformación industrial.

Con estes cursos, trátase de promover a certificación forestal do monte, un sistema cada vez máis demandado polos consumidores finais, pois a certificación representa unha garantía de que a madeira e os produtos derivados da mesma foron obtidos a través dun aproveitamento sostible, con pleno respeto ó medioambiente.

A certificación forestal ofrécelle ademais ó propietario forestal e á industria un valor engadido pola súa produción. Por estes motivos, a certificación forestal estase extendendo de xeito progresivo en Galicia. Desde a Asociación Forestal de Galicia quérese contribuír á súa difusión coa organización deste calendario de cursos.

Durante este mes de outubro terán lugar os seguintes:

Cursos sobre certificación forestal

– A Cañiza, 26 de outubro de 2018 ás 17 h no Centro Cultural de Achas
– Mos, 27 de outubro de 2018 ás 10 h no Pazo de Mos
– Dodro, 31 de outubro ás 17 h no salón de actos da Paxareira

Cursos sobre cadea de custodia

– Lugo, 20 de outubro ás 10 h no Centro Municipal de Fingoi
– Santiago de Compostela, 26 de outubro ás 15 h no salón de actos do Edificio Cersia Empresa

Estes cursos están financiados pola Axencia da Industria Forestal da Xunta de Galicia e son gratuítos para os participantes. A inscrición é gratuíta pero obrigatoria, nos seguintes teléfonos (Ponteareas: 986 660 864, Santiago de Compostela: 981 564 011) ou no enderezo electrónico afgxinzo (arroba) asociacionforestal.org.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información