As cooperativas mostran como xerar riqueza nos montes comunais

celebrarase a Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, no Centro da Rede Eusumo Fundación Coren (lugar de Razamonde, Cenlle). Comezará ás 09:30.

As cooperativas mostran como xerar riqueza nos montes comunais

Cada vez son máis as comunidades de montes que plantan oliveiras

A Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal  runirá hoxe a 80 profesionais da xestión de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) e abordará aspectos administrativos e lexislativos xunto con exemplos concretos de aproveitamento dos terreos forestais en man común. O Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, clausurará a xornada, organizada por AGACA, reiterando o apoio da Consellería do Medio Rural e do Mar a iniciativas de impulso económico do medio rural.

En Galicia existen 2.835 MVMC, que controlan preto dun terzo dos 2 millóns de has de monte tradicionalmente para produción madeireira que, xunto coa instalación de parques éolicos, é unha das principais actividades xestionadas polas CMVMC. A Xornada pretende visualizar vías complementarias aínda infravaloradas para potenciar a rendibilidade dos montes veciñais,baixo o réxime de xestión cooperativizada.

Un tercio do monte galego son montes veciñais

O maxistrado Fernando Alañón inaugurará a Xornada explicado a Lei 7/2012 de Montes de Galicia, xunto con Manuel Eirín, director xerente da empresa Gaélica Solar, que afondará no aproveitamento sostible do monte. Calixto Escariz, experto e asesor de comunidades de montes, amosará alternativas xurídicas e organizativas dos recursos naturais e ociosos das comunidades de montes. Ampliará o tema Higinio Mougán, director-xerente de AGACA, que incidirá en aspectos de xestión cooperativa.

Casos de éxito

En canto aos tipos de producións que poden favorecerse nos MVMC, a Xornada amosará as experiencias da Comunidade de Montes de Cabral (Vigo), coas trufas; dos Montes Comunais de Torneiros-Porriño e de Estas-Tomiño, coas olivas; da cooperativa Amarelante, coa castaña, e tamén a dun produtor de arandos e froitos silvestres. Tomás Sancho, concelleiro e dinamizador rural de Beariz, contará o caso de éxito do municipio.

A iniciativa, con financiamento do Fondo Social Europeo, está impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información