Apoio da Xunta á produción de planta de cerdeira autóctona

Medio Rural destina 135.000 euros á Fundación Paideia para impulsar o suministro ó sector forestal de plantas de orixe galega, en especial cerdeiras e carballos

Apoio da Xunta á produción de planta de cerdeira autóctona

Ensaio comparativo de clons de cerdeira no Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

O Consello da Xunta deu o visto bo a un convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Paideia, xestora do viveiro Cultigar (Brión), para impulsar o suministro ó sector forestal de plantas de cerdeira e carballo de orixe autóctona e calidade contrastada. O importe que achegará Medio Rural será de 135.000 euros, a repartir nas anualidades 2018, 2019 e 2020.

Con este convenio, a Xunta busca financiar actividades de investigación e transferencia ó sector dos clons galegos de cerdeira propostos e aprobados como material forestal de reproducción. A Administración sinala que este acordo contribuirá a reducir a dependencia de plantas de cerdeira e carballo procedentes doutros países da UE, á vez que se aposta polas frondosas autóctonas e se fomenta a súa produción en Galicia.

En virtude do convenio, a Fundación Paidea comprométese a incrementar e optimizar o protocolo de cultivo in vitro dos clons de cerdeira seleccionados. O obxectivo é que o viveiro Cultigar aporte arredor de 11.200 plantas de cerdeira a partir do material vexetal suministrado polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán. A produción de planta obtida polo viveiro seralle entregada á Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

A Fundación tamén porá a punto as técnicas para a reprodución in vitro de 20 xenotipos de carballo, seleccionados nas diferentes carballeiras selectas existentes en Galicia, de cara a conservar o xermoplasma das árbores de maior interese, así coma para facilitar a futura comercialización de plantas de carballo de orixe galega.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información