Acordo parlamentario para anticipar as axudas de prevención de lumes no 2020

Perspectivas de que Medio Rural permita prórrogas nos traballos deste ano a aqueles beneficiarios que o soliciten antes do 7 de outubro

Publicidade
Acordo parlamentario para anticipar as axudas de prevención de lumes no 2020

As axudas de prevención de lumes, orientadas principalmente á roza de cortalumes e á creación de puntos de auga, adoitan retrasarse tódolos anos en Galicia. Este ano, Medio Rural publicou a resolución de beneficiarios o 15 de xullo. Tendo en conta que antes de iniciar os traballos, precísase un informe favorable da propia Consellería, as actuacións en ningún caso comezaron antes de agosto, coa época de risco de lumes xa avanzada. O asunto, que xa se ten abordado outros anos no Parlamento, chegou este venres á comisión de Agricultura, onde tódolos grupos acordaron por unanimidade resolver o problema.

O acordo, adoptado a proposta do Bng, insta a Medio Rural a publicar a convocatoria das axudas con antelación suficiente, a modo de anticipo de gasto, para posibilitar que a lista de beneficiarios estea resolta antes da época de alto risco de incendios; de xeito que os traballos de prevención poidan funcionar efectivamente como tales, antes da parte forte da campaña de incendios.

Outro punto de acordo atinxe ós traballos de prevención deste ano, que se poden executar ata o 31 de outubro. Por iniciativa do grupo popular, acordouse instar á Xunta a modificar a orde de axudas para permitir prórrogas nos traballos de tódolos beneficiarios que o teñan solicitado antes do 7 de outubro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información