Ábrese a convocatoria de axudas para plantacións de castiñeiros de froito

Medio Rural prevé a concesión de subvencións para arredor de 1.000 hectáreas. Priorizaranse as solicitudes da zona que abarca a IXP Castaña de Galicia

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160627/AnuncioG0426-090616-0001_gl.html

Prazo: Ata 22/07/2016

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de abrir o prazo para solicitar axudas para a plantación de castiñeiros de froito. O orzamento total previsto é de 2,6 millóns de euros, cifra que permitirá financiar a plantación de arredor de 1.000 hectáreas, segundo estimacións da Xunta. Poderán solicitar as axudas, que cubren o 80% dos custos, as comunidades de montes, agrupacións de propietarios e propietarios particulares.

A orde establece que se priorizarán as peticións incluidas dentro da área xeográfica que abarca a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia. De quedar remanente, atenderanse solicitudes fóra do ámbito da IXP.

A superficie mínima a plantar será dunha hectárea en comunidades de montes e de media hectárea para particulares

Castaña de Galicia exténdese sobre a totalidade da provincia de Ourense, a provincia de Lugo, a excepción dos concellos costeiros da Mariña; as comarcas de Deza e Tabeirós-Montes en Pontevedra, así coma os concellos de Cuntis, Campo Lameiro, Cotobade e A Lama; e a comarca Terra de Melide e os concellos de Arzúa e Boimorto na provincia da Coruña.

As superficies mínimas que poden acceder ás axudas son de media hectárea no caso de propietarios particulares, que se poden xuntar para acadar esa dimensión, e dunha hectárea en couto redondo no caso de comunidades de montes veciñais ou Sociedades de Fomento Forestal (Sofor).

Marcos de plantación
As axudas financian todos os gastos de plantación forestal, incluida preparación do terreo, adquisición da planta e os da plantación propiamente dita. O valor máximo do investimento en euros por hectárea de actuación é o seguinte:

– 100 plantas hectárea (marco 10×10 metros): plantacións de planta enxertada, 2.200 euros; plantacións de portaenxertos, 1.600 euros.

– 69 plantas hectárea (marco 12×12 metros): plantacións de planta enxertada, 1.800 euros; plantacións de portaenxerto, 1.400 euros.

– 50 plantas hectárea (marco 14×14 metros): plantacións de planta enxertada, 1.500 euros; plantacións de planta portaenxerto, 1.200 euros.

No caso de utilizar planta portaenxerto, haberá que enxertala ó ano seguinte da plantación. En canto ós enxertos, débense utilizar algunhas das seguintes variedades de froito: amarelante, famosa, garrida, longal, de parede, ventura, negral, picona e rapada.

Mantemento
A orde de axudas establece tamén a posibilidade de optar a primas de mantemento de entre 300 e 400 euros por hectárea. Estas primas son para tres anualidades alternas. Poderanse financiar tamén, en caso de demostrarse precisos, peches perimetrais.

O prazo para solicitar as axudas conclúe o 23 de xullo do 2016 e haberá que xustificar a execución da plantación antes do 15 de decembro do 2016.

2 ideas sobre “Ábrese a convocatoria de axudas para plantacións de castiñeiros de froito

  1. ana moscoso pardo

    porque na mariña lucense non hai esr tipo de axudas?
    eu quero facer un souto e non teño ningunha axuda ou algun tipo ainda que non sexa para castiñeiros. eso si arbores autoctonas.

    Contestar
    • Gonzalo1977 Autor da publicación

      Podedes solicitar as axudas. O tema é que priorizan ós concellos que están na IXP Castaña de Galicia, polo que tedes menos posibilidades. Un saúdo.

      Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información