A Xunta permite desde o vindeiro luns as queimas agrícolas e forestais

As queimas de restos agrícolas poderán realizarse dous días despois da pertinente comunicación, é dicir, a partir do vindeiro luns. As queimas de restos forestais amoreados precisan de autorización, polo que requiren unha tramitación maior debido ao risco da actuación

A Xunta permite desde o vindeiro luns as queimas agrícolas e forestais

Realizando unha queima agrícola

A Consellería do Medio Rural e do Mar permite desde mañá sábado volver tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución de risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas. A realización de queimas de restos agrícolas e forestais prolongouse ata hoxe debido ás condicións meteorolóxicas adversas propias da campaña de perigo alto de incendios forestais.

A partir de mañá poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Para restos forestais hai que solicitar autorización pero nas queimas agrícola abonda con comunicalo dous días antes

Deste xeito, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación.

En todo caso, ende a Coonsellería do Medio Rural e do Mar lembran que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información