3 recomendacións para previr e actuar ante os ataques da Vespa Velutina

3 recomendacións para previr e actuar ante os ataques da Vespa Velutina

Exemplar de Vespa Velutina

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) ven de publicar unha alterta coas recomendacións que é preciso ter en conta para previr os ataques da Vespa Velutina, especialmente activa durante estes meses de agosto e setembro.

Aínda que a publicación está feita para o sector forestal, xa que nos montes cada vez é máis frecuente a presenza de niños desta especie invasora, as recomendacións do ISSGA son trasladables a calquera actividade. Velaquí os pasos que se deben seguir:

1) Antes de empezar os traballos:

-Realiza un recoñecemento exhaustivo da parcela (árbores,chan, muros, etc.) e comproba que non existen niños de velutina na zona.

-Ten en conta que os niños que están no medio das silveiras ou entre o mato soen ser máis difíciles de detectar.

2) Se atopas un niño de velutina:

-Non te achegues a menos de 5 metros do niño.

-Non lles provoques danos; non o golpees nin molestes as velutinas. Lembra que normalmente só atacan ao verse ou sentirse atacadas.

-Non cortes polo pé unha árbore que conteña un niño, ou ben que poida afectar na súa caída a outra árbore que o albergue. Non roces silveiras ou matos que conteñan niños.

-Avisa a todos os compañeiros de traballo da presenza do niño e sinaliza a zona.

-Chama ao 012 e comunícao

3) Como actuar no caso dun ataque:

-Se te atacan fuxe o máis rápido posible e busca un refuxio (vehículos, edificacións, arbustos, cultivos densos como o millo, etc…).

-Mentres escapas procura evitar que as velutinas te ataquen nas áreas máis sensibles da cara, como pode ser a zona dos ollos. Tamén teñen tendencia a picar na parte de atrás do pescozo polo que se recomenda protexer esta zona coas mans ou roupa.

-Non tentes eliminar as velutinas nin axitar os teus brazos para espantalas. As velutinas son atraídas polos movementos bruscos e as que son esmagadas emiten un cheiro que atrae máis velutinas.

-Se ves que alguén é atacado por velutinas, non te achegues para axudalo. Chama ao número de emerxencias (112) onde te informarán de como debes actuar e avisarán aos medios de emerxencia para que se trasladen ao lugar
se é preciso.

Lembra: As persoas alérxicas deben levar sempre consigo a medicación necesaria para administrarse en caso de picaduras.

CARTAZ VELUTINA FORESTAL

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información