Rías Baixas certificará unhas 120.000 botellas de viño espumoso este Nadal

Rías Baixas certificará unhas 120.000 botellas de viño espumoso este Nadal

Unhas 120.000 botellas de Rías Baixas Espumoso de Calidade certificará para este Nadal o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Como corrobora o director técnico do Consello, Agustín Lago, existe un interese crecente por este produto ?nesta campaña están a comercializar Rías Baixas Espumoso de Calidade 14 adegas e elaborando 19?.

A nivel global as vendas de viño espumoso disparáronse nos últimos anos e as previsións da Comisión Europea de aquí ao 2030 apuntan a que as súas exportacións serán as que máis crezan, xunto das dos viños con Denominación de Orixe.

No caso de Rías Baixas, desde que este viño foi incluído no regulamento do Consello Regulador en 2009, de acordo coa normativa europea, que distingue entre Espumoso e Espumoso de Calidade, “o número de adegas non parou de medrar desde as 5 iniciais até as 19 que están a elaborar hoxe, pero tamén é certo que a produción durante estes dous anos mantense algo estática”, admite Agustín Lago. O director técnico matiza que “no mercado pódense atopar até 20 marcas deste produto de Rías Baixas”.

En canto á cualificación, prevese chegar “a uns 90.000 litros deste produto de calidade”, as mesmas que en 2017 por estas datas. Cabe ter en conta que esta semana acadáronse xa os 87.572 litros cualificados, pero o Órgano de Control e Certificación agarda máis partidas para os próximos días.

Método champenoise

A normativa aplicada aos espumosos en Rías Baixas admite variedades tanto brancas como tintas e distínguense distintos tipos segundo o nivel de azucre. Estes son Brut Nature (sen azucre), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco e Doce (que leva maior cantidade de azucre).

Todos as Rías Baixas Espumosos de Calidade deberán seguir o método tradicional do champenoise para a súa elaboración.

image_print

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información