Jornada con personas jóvenes que se incorporan al agro.

A Xunta prevé que os anticipos da PAC comecen a pagarse a finais de novembro

En Galicia, as axudas da Política Agraria Común (PAC) abonaranse en datas similares a anos anteriores, é dicir, a partir de finais de novembro, segundo as estimacións que baralla a Consellería do Medio Rural. Este ano, igual que o anterior, os pagos dos anticipos da PAC poden realizarse a partir do 16 de outubro, se ben polo de agora só 8 comunidades iniciaron os ingresos dos correspondentes abonos.

Os anticipos, que rondan o 50% do total das axudas, representan a nivel do conxunto do Estado 2.365 millóns de euros. Nos anticipos inclúese pago básico, pago verde, pagos desacoplados e axudas asociadas en vacún de leite e de carne. Este ano, por primeira vez, os produtores de ovino e cabrún tamén recibirán o anticipo.

O retraso dos pagos en Galicia en relación a outras zonas débese a que os controis sobre o terreo están aínda sen rematar. Espérase que todas as inspeccións conclúan nas próximas semanas e que o calendario de pago dos anticipos das axudas sexa similar a outros anos, segundo explican desde Medio Rural.