A Xunta márcase como obxectivo rematar 130 concentracións parcelarias ata o 2020

A Xunta márcase como obxectivo rematar 130 concentracións parcelarias ata o 2020

Vista aérea dunha zona de concentración parcelaria

A Consellería do Medio Rural márcase como obxectivo rematar 130 procesos de concentración parcelaria nos próximos catro anos e iniciar o proceso de reestruturación e posta en valor da terra en novas áreas.

Así o avanzou o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, en resposta a unha pregunta sobre a cuestión este xoves no Parlamento de Galicia. “O obxectivo da Xunta para os próximos catro anos é rematar as 130 zonas de concentración parcelaria actualmente en vigor e que se promova o inicio de novas zonas para poñer en valor as terras e que as explotacións gandeiras podan aumentar a súa base territorial”.

26,9 millóns de euros en 2017 para a reestruturación parcelaria

Para potenciar os procesos de reestruturación parcelaria, a Consellería aportará arredor de 20 millóns anuais ata o 2020. En concreto, Pérez Dubois destacou que “só no 2017 vanse investir un total de 26,9 millóns de euros con esta finalidade, o que supón un incremento do 22,27% respecto do exercicio de 2016”.

Esta dotación permitirá facer os camiños principais e secundarios, acondicionar as novas leiras e avanzar nas distintas fases administrativas, que coa Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga), aprobada o pasado ano, se reducen de seis a catro.

Por último, Pérez Dubois vinculou esta lei coa aposta polo Banco de Terras, como ferramenta esencial para facilitar o necesario aumento da base territorial das explotacións agrogandeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información