A Xunta destaca que xa pagou as axudas da PAC a 25.000 gandeiros e agricultores

A Xunta destaca que xa pagou as axudas da PAC a 25.000 gandeiros e agricultores

A Consellería do Medio Rural destaca que xa aboou máis de 140 millóns de euros a 24.933 beneficiarios entre os meses de novembro e decembro en axudas de Política Agraria Común (PAC).

En concreto, os pagos das axudas directas da PAC alcanzaron os 140.996.730 euros cunha distribución por provincias do 48´5% en Lugo, do 34´5% na Coruña, do 9´2% en Pontevedra e do 7´8% en Ourense. Deste montante, 26 millóns de euros foron anticipos das axudas gandeiras para 16.449 agricultores e gandeiros.

Así mesmo, a Consellería prevé para a próxima semana o pago das axudas para o desenvolvemento rural de Zonas con Limitacións Naturais (ZLN) por valor doutros 15,8 millóns de euros. Neste caso os beneficiarios serán 12.566 persoas.

“Deste xeito, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), os gandeiros e agricultores galegos puideron dispoñer dos recursos económicos o antes posible, de acordo co compromiso desta consellería”, destacan dende o departamento que dirixe José González.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información