A Xunta avanza as bases reguladores das axudas do programa Leader

A Xunta avanza as bases reguladores das axudas do programa Leader

A Xunta avanza as bases reguladores das axudas do programa Leader

Os interesados en solicitar axudas para os seus proxectos de desenvolvemento rural, ao abeiro do plan Leader, teñen ao seu dispor as instrucións a seguir para cando se abra a convocatoria deste ano, prevista para os próximos días.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) coas bases reguladoras destas achegas, que están cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR). Trátase de avanzar estas normas para que as persoas que queiran optar a estas subvencións saiban a que aterse á hora de preparar a documentación necesaria e coñezan prazos, condicións e obrigas.

O obxecto destas bases é fixar as regras para a concesión e xustificación das axudas, que se tramitarán en réxime de concorrencia competitiva a través dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados como entidades colaboradoras de Agader na xestión da medida Leader.

Estas bases reguladoras detallan as especificidades propias de cada tipoloxía de operacións financiables. Explícase, así, o procedemento e os modelos para a presentación dos proxectos no marco do plan Leader, datas de presentación, medidas de control a tomar, documentación necesaria e obrigas dos promotores. Tamén se aclaran os aspectos a subvencionar, como proxectos financiables, conceptos subvencionables, limitacións sectoriais, etc.

Accede aquí ás bases reguladoras

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información