A Xunta amplía ata o día 15 o prazo para solicitar as axudas de plans de mellora e axudas de incorporación

Publicidade
A Xunta amplía ata o día 15 o prazo para solicitar as axudas de plans de mellora  e axudas de incorporación

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170502/AnuncioG0426-280417-0001_es.html

Prazo: Ata 15/05/2017

Resumo:

A Consellería do Medio Rural ampliará ata o día 15 de maio o prazo para presentar as solicitudes de axudas de plans de mellora e axudas de incorporación. Así o confirmaron a Campo Galego dende o gabinete do departamento que dirixe Ángeles Vazquez. A orde de ampliación publicarase previsiblemente o próximo martes no Diario Oficial de Galicia.

Dende organizacións como Unións Agrarias viñan advertindo nas últimas semanas que o prazo para presentar estas axudas, que remata oficialmente o vindeiro martes 2 de maio, era insuficiente polo que demandaban unha ampliación do prazo de solicitude.

O atraso en publicar a normativa complementaria da orde de axudas -publicada o 20 de abril- e a coincidindo ademais en pleno período de ensilado e sementeira do millo, fixeron que, segundo Unións que “só se presentaran á convocatoria ata agora pouco máis dun 30% dos expedientes cursados o pasado ano, polo que de non ampliarse o prazo de solicitude moitos potenciais beneficiarios quedarán fóra”.

A Consellería do Medio Rural responde a esta demanda e amplía o prazo para solicitar as axudas de plans de mellora e axudas de incorporación ata o 15 de maio, data límite tamén para presentar a solicitude das axudas da PAC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información