Xornadas Ribeira Sacra sobre conservación do solo e construción da paisaxe

As Xornadas Ribeira Sacra terán lugar en Ourense este xoves e venres e enmárcanse dentro do “2015 ano internacional do solo”

Xornadas Ribeira Sacra sobre conservación do solo e construción da paisaxe

Paisaje de la Ribeira Sacra

“Conservación do solo e construción da paisaxe: Xornadas Ribeira Sacra” é unha xornada organizada pola Delegación Territorial de Galicia pertencente á Sociedade Española da Ciencia do Solo (SECS) en colaboración coa Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela, e as Deputacións de Ourense e Lugo.

Esta actividade, que ten como centro de operacións o Parador de San Estevo de Rivas de Sil, desenvolverase durante este xoves e venres por diferentes áreas da Ribeira Sacra e ten como obxectivo poñer en valor os solos e as paisaxes da Ribeira Sacra como un exemplo a seguir das boas prácticas de conservación do recurso solo para que estes perduren ao longo do tempo.

“Esta actividade enmárcase dentro do Ano Internacional dos Solos”

Deste xeito, durante eses días, examinaranse as características e a singularidade dos solos da zona nos seus diferentes usos, con atención especial á influencia neles dos factores de formación e o efecto da man do home na construción de terrazas. Neste último caso, repararase na acción humana na modificación da morfoloxía do terreo que levou consigo a adaptación do entorno para a súa explotación vitivinícola, así como reducir a perda de solo consecuencia da erosión hídrica. Todo isto permitiu desenvolver a actividade vitivinícola na zona que está a dar un importante impulso socio-económico á Ribeira Sacra.

50 expertos en edafoloxía reuniranse nesta xornada

Estas xornadas, nas que participarán uns 50 investigadores da Ciencia do Solo que desenvolven as súas actividades nas tres universidades galegas e máis no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC), se enmarca dentro do Ano Internacional dos Solos declarado pola 68ª sesión da Asamblea Xeral da ONU que ten coma principais obxectivos aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións ecosistémicas esenciais, aspectos que a FAO ten encargo de implantar.

Apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Ademáis dos edáfologos e expertos na conservación do patrimonio, contarase tamén con un especialista en vexetación (Dr. M. Rodríguez Guitián). Serán polo tanto unhas Xornadas de campo nas que se analizará o estado actual de coñecemento dos solos e a paisaxe da Ribeira Sacra mediante o estudo de perfiles de solo predominantes na zona. O último día realizarase un debate e elaboraranse unhas conclusións das xornadas. Toda a información recopilada para este evento recollerase nun libro.

Por último, os organizadores pretenden tamén con esta acción apoiar a candidatura de “Ribeira Sacra” Patrimonio da Humanidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información