Xornadas de presentación a gandeiros das novas tecnoloxías da Xunta para controlar as axudas da PAC

Publicidade
Xornadas de presentación a gandeiros das novas tecnoloxías da Xunta para controlar as axudas da PAC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza este martes, 17 de setembro, en Forcarei (Pontevedra) e o 22 de outubro en Meira (Lugo) as primeiras xornadas “Primare Demo-Days” para dar a coñecer as oportunidades e retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).

O deste martes será o primeiro dos dous encontros previstos para dar a coñecer a responsables de explotacións agrarias, en especial dos beneficiarios das axudas da Política Agraria Común (PAC), o potencial do uso de medios tecnolóxicos para aumentar a eficiencia e reducir a complexidade da realización dos controis asociados ás axudas da PAC.

O programa inclúe, ademais, a presentación de futuras aplicacións para que os agricultores se involucren de forma activa nos procesos de inspección da PAC e se beneficien de servizos de valor engadido para facilitar a xestión das explotacións agrarias.

Así mesmo, incorpórase unha actividade de campo para os que estean interesados en coñecer o funcionamento do uso de medios aéreos non tripulados – drons – para a captura e xestión de información xeográfica, territorial e agroambiental xeorreferenciada das explotacións.

A asistencia a calquera das xornadas é gratuíta, previa inscrición a través da seguinte ligazón: https://mediorural.xunta.gal/primare_civil_uavs/presentacion/

Proxecto Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas

O proxecto Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas, coliderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural, ten por obxectivo desenvolver solucións innovadoras para dispoñer de xeito automatizado de servizos de valor engadido para os axentes do sector agro-gandeiro, e en particular, para a realización dos controis de campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC) mediante medios tecnolóxicos (en particular, mediante o uso de drons, e outros sistemas tecnolóxicos).

Trátase do primeiro proxecto de compra pública de tecnoloxía innovadora (CPTi) no ámbito do sector primario posto en marcha a nivel estatal, que conta cun orzamento de 4millóns de euros, cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, GAIN e a AMTEGA para o proxecto “CIVIL UAVs Initiative“.

Descarga aquí o programa da xornada de Forcarei

Descarga aquí o programa da xornada de Meira

Folla de inscrición

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información