Xornada sobre as vantaxes da enerxía fotovoltaica para as explotacións gandeiras

Xornada sobre as vantaxes da enerxía fotovoltaica para as explotacións gandeiras

Xornada celebrada na EPS de Lugo

A enerxía fotovoltaica é unha alternativa para que as explotacións gandeiras poidan reducir a súa factura eléctrica. Así se puxo de manifesto este xoves nunha xornada técnica organizada por Voltfer, división do Grupo Alvariño especializada en solucións en enerxías renovables para particulares e empresas, en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo e a USC.

Carlos Barrosa, enxeñeiro da firma viguesa, explicou os sistemas máis punteiros de autoconsumo fotovoltaico, con e sen baterías, así como exemplos reais do impacto positivo da aplicación destas tecnoloxías en granxas galegas.

Novo modelo enerxético para o rural galego

O responsable de Voltfer destacou que “trátase dun modelo polo cal en Galicia empeza a apostar xa de maneira decidida, como pode verse nos plans do Goberno galego en materia de enerxía para os próximos anos, que beneficiarán o aforro nos particulares e a competitividade das empresas”.

“Esta estratexia contempla ao sector agrogandeiro como obxectivo prioritario, como se desprende das últimas ordes de axudas autonómicas con este fin. Un esforzo que apunta á súa continuidade nos próximos anos, en liña co cumprimento dos obxectivos de xeración enerxética con renovables acordados recentemente pola Unión Europea, que fixan unha cota de renovables na UE do 32% en 2030, e o compromiso de España nesta dirección”, destacou.

Tecnoloxía Solarwatt

No relatorio, titulado “Xera a túa propia enerxía: Solucións de autoconsumo fotovoltaico con e sen baterías aplicadas ao sector gandeiro”, Voltfer presentou as solucións tecnolóxicas máis punteiras no campo da xeración con fotovoltaica, a acumulación con baterías e a xestión intelixente da enerxía xerada.

A firma do Grupo Alvariño achegou as últimas novidades no sector, que teñen como base a tecnoloxía máis innovadora do mercado, desenvolvida por Solarwatt, compañía alemá con 25 anos de experiencia no desenvolvemento e fabricación de sistemas para o aproveitamento da enerxía fotovoltaica, da que Voltfer é partner en exclusiva para Galicia.

Con estes sistemas de autoconsumo fotovoltaico pódese aproveitar a enerxía solar non só de forma directa, xa que, ao incluír baterías na instalación, é posible almacenar a enerxía e usala cando se necesite, en horas nas que non hai sol.

Entre as novidades máis punteiras da marca, destaca o sistema de almacenamento intelixente MyReserve Matrix, un sistema modular de células de acumulación que pode ampliarse case de forma ilimitada. O modelo Matrix representa unha mellora da capacidade do sistema, así como un avance máis no autoconsumo fotovoltaico. Estas novas baterías de Ión-Litio adáptanse ás necesidades de calquera perfil de consumo.

Vantaxes Voltfer

Solarwatt garante que o rendemento dos seus módulos vidro-vidro non baixará do 87% aos 30 anos da súa instalación. “Con estas instalacións, o prezo da enerxía poderá reducirse ata os 8 céntimos de euro por kWh”, destacou Carlos Barrosa.

Ademais, Voltfer e Solarwatt inclúen un seguro con ampla cobertura e por un período de cinco anos totalmente gratuíto. A estas vantaxes, engádese o feito de que, entre outras posibilidades de comercialización, ofrécese o modelo de Contratación de Servizos Enerxéticos, no que o Grupo Alvariño asume todo o investimento, cedendo o uso ao cliente a cambio dunha cota. Isto permite ao cliente beneficiarse do aforro desde o primeiro día e sen necesidade de investimento na instalación.

Rede Voltfer Installer Partner

No marco deste relatorio, Voltfer presentou aos profesionais do sector a posibilidade de formar parte da súa rede de empresas de instalación colaboradoras en Galicia, a rede Voltfer Installer Partner (VIP).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información