Xornada sobre cooperativismo en Santa Comba

Publicidade
Data inicio: 28/10/2016
Data fin: 28/10/2016
Lugar: Edificio Multiusos Terra de Xallas, Rúa de Curros Enríquez, Santa Comba, España

O Concello de Santa Comba organiza este venres unha xornada sobre cooperativismo na que se abordarán, entre outras cuestións, as posibilidades do cooperativismo agrario. A actividade desenvolverase no Edificio Multiusos de Santa Comba. Ten previsto o seu comezo para as 9.50, con intervención da alcaldesa, e o remate para as 13.30 horas.

O programa provisional da xornada inclúe unha ponencia a cargo do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ás 10 horas, unha ponencia de comunicación ás 10.30 e unha mesa redonda ás 13 horas. Na mesa está prevista a participación da sociedade Ganxabar, pola que irá Xan Ramos; da rede Eusumo, pola que irá Juan Manuel Gómez; e das cooperativas Vella Escola, adicada a actividades de cultura urbán, e VermisLab, orientada a talleres extraescolares para nenos.

Aproveitando que asistirán ó acto rapaces dos institutos da comarca, o programa incluiu tamén unha demostración de rap e graffiti de Vella Escola (11.30 horas).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información