Xornada en Corcubión sobre o desenvolvemento sostible do monte e do mar

A Asociación Boca de Sapo, un colectivo social, cultural e medioambiental, organiza mañá sábado, día 23, en Corcubión (A Coruña) a I Xornada de desenvolvemento sostible do monte e do mar. As actividades levaranse a cabo na Casa da Cultura e están abertas á participación do público.

Nesta xornada poderán coñecerse distintas iniciativas sostibles de man dos seus impulsores, que compartirán as súas experiencias. Ademáis, tamén participarán distintos colectivos que ofrecerán claves para un aproveitamento sostible dos recursos naturais. Na programación inclúense propostas desenvolvidas tanto no ámbito agro-forestal como no marítimo.

Este é o programa de actividades:

Mañá 10:30 horas – 11:45 horas.
Presentación e apertura das xornadas coa lectura dun fragmento do libro Tierra de mujeres, da escritora e veterinaria de campo María Sánchez.

Experiencias sostibles: Dificultades, logros e perspectivas

-Rural Muller. Por Rosa Arcos, presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia-Fademur.

-Comunidade de Montes O Carballo – Friol. Por José Manuel Iglesias, membro da comunidade de montes Carballo –Friol.

12:00 horas. Pausa

12:15 – 14:00 horas

Recursos propios da nosa terra: Como poñelos en valor?

-A castaña: un recurso económico en alza no monte galego. Por Manuel López Pérez, secretario da IXP Castaña de Galicia.

-Razas autóctonas de Galicia. Por José Ramón Justo, director de Boaga – Federación de razas autóctonas de Galicia e Iván Rodríguez Paz, secretario executivo da Asociación de criadores de gando celta- Asoporcel.

Tarde 17:00 – 18:30 horas

As loitas do mar

– A pesca artesanal: unha loita pola sostenibilidade das nosas rías. Por Luís Rodríguez, presidente de armadores de artes menores de Galicia – Asoar-Armega.

– A voz das mulleres. Por Rita Míguez, presidenta da Asociación de Mulleres de Pesca Annupesca.

– O cooperativismo no mar. Por Ricardo Martínez Vidal, da Sociedade cooperativa galega Arpemar.

Peche especial:
Entre a onda e a rocha. Unha película-documental sobre a vida ó límite dos percebeiros da Costa da Morte. Fragmentos conversados polo seu director Manuel Lógar.

cartel-Xornada-Corcubion-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información